EL MACHISMO NO CESA
La violencia de género no da tregua: 2,4 denuncias al día en Ourense
O BNG advertiu onte da cesión “irregular” a terceiros da explotación da cafetería do Xardín Xaponés por parte do actual adxudicatario, que está en prisión, “incumprindo flagrantemente o contrato de concesión”. Os nacionalistas extraeron a información dos informes técnicos aos que tiveron acceso.
Xa en agosto de 2020, cando o Concello asinou o contrato de concesión para a explotación da cafetería sita na rúa Curros Enríquez, ao carón do xardín Xaponés e cuxa denominación pasou a ser a de “La Pajarera”, o BNG amosaba as súas dúbidas sobre a idoneidade do adxudicatario e as condicións do propio contrato, “adxudicatario que agora está detido e sobre o que pesan acusacións xudiciais moi graves”.
Segundo o voceiro nacionalista, Luís Seara, “neste momento temos unha instalación propiedade do Concello, concesionada e cuxo contrato non se está a cumprir, tal e como se desprende dos informes técnicos aos que tivemos acceso e nos que se especifica unha cesión irrregular a terceiros sen ter a previa autorización municipal, tal e como establece o contrato, o que supón un incumprimento flagrante do mesmo sen que por parte do goberno se activasen os mecanismos sancionadores correspondentes”.
Desde a formación nacionalista lembran que foi precisamente como consecuencia dunha cesión irregular a un terceiro, o motivo polo que o Concello rescatou a concesión no ano 2018, “logo de que Jácome puxera entón o grito no ceo e acusara a todo o mundo de ser cómplice daquela situación. Pois ben, agora atopámonos nunha igual e o alcalde nin di, nin fai absolutamente nada por solucionala, por que?”.
No relativo á falla de Orzamentos, desde o BNG lembran que non soamente o Concello non conta cuns actualizados senón que “sobre os que están en vigor, os de 2020, pesa unha sentenza que anula o capítulo I”, e engade, “esta situación está a xerar múltiples complicacións nun Concello que de non actualizar os orzamentos pode ver perigar a nómina de decembro”. Os nacionalistas amosáronse dispostos a dialogar e negociar co goberno local, pero lembraron que “a iniciativa ten que partir deles, que presenten un borrador, sentamos se nos chaman e falamos aínda que danos a impresión que o PP voltará saír ao rescate de Jácome”.
No relativo á situación creada polo goberno local ao suprimir o programa Comedor sobre Rodas e “deixar sen comer a persoas altamente vulnerábeis ao tempo que a Concelleira delegada ía de vacacións”, a concelleira Rhut Reza avanzou que “pediremos a dimisión” da concelleira, Ana Fernández Nieto.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
EL MACHISMO NO CESA
La violencia de género no da tregua: 2,4 denuncias al día en Ourense
Los ingenieros agrícolas de Ourense renuevan su cúpula
Pepe Paz, presidente do Colexio de Enxeñeiros Agrícolas: “Temos que facer un novo rural con mais industrias agroalimentarias”
UNO MENOS QUE EN 2022
Ourense se acerca a su récord de colisiones provocadas por animales
CULTURA EN EL RURAL
La Red Provincial de Auditorios de Ourense alcanza los 7.500 espectadores
Lo último
GRAVEDAD DE LAS LESIONES
Muere la mujer apuñalada en A Coruña por su compañero de piso, que también provocó un incendio