PREMIO OURENSANÍA 2026
La Coral De Ruada recibe el Premio Ourensanía 2026 por unanimidad
A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, anunciou que o BNG solicitou no Parlamento galego unha comisión de investigación para esclarecer as “implicacións” da Xunta de Galicia no baleirado dos encoros por parte das compañías eléctricas.
Na súa visita á localidade de Viana do Bolo, tras o baleirado do encoro do Vao /Bibei que xestiona a eléctrica Iberdrola, a portavoz do BNG explicou que a Xunta “non impediu o baleirado”, a pesar de coñecer a intención das eléctricas, a través de dous correos emitidos os días 10 e 12 xuño. Na súa opinión, si o Goberno galego foi realmente coñecedor das intencións das eléctricas, “estaríamos ante un caso de prevaricación”.
A comisión de investigación solicitada polo BNG "debe analizar as consecuencias e responsabilidades do abrupto baleirado de encoros no ano 2021 e impulsar medidas de compensación".
A portavoz do BNG, acompañada pola deputada por Ourense, Noa Presas e membros do BNG da comarca criticou a “usura das eléctricas” pola turbinación de auga e a aplicación dunha “estafa diaria” que a cidadanía está a padecer nos últimos meses e sobre a que a Xunta de Galicia e o Goberno central responden con “inacción” e permitindo o que cualificou de “atentado medioambiental”. Pontón tildou de “usura” o comportamento das eléctricas e denunciou “a hipocrisía da Xunta” por ser coñecedora de que Iberdrola tiña previsto baleirar os encoros. A Xunta, recalcou a nacionalista, mantívose “cos brazos cruzados durante dous meses” e no momento do baleirado utilizouno para a súa “confrontación estéril” co Goberno do Estado.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
PREMIO OURENSANÍA 2026
La Coral De Ruada recibe el Premio Ourensanía 2026 por unanimidad
CENSO ELECCIONES GENERALES
Galicia aporta 2,7 de los 38,7 millones de electores totales de España
CENSO ELECCIONES GENERALES
Ourense encara el 29-N con récord de voto exterior y la juventud en mínimos
RENOVACIÓN EN EL DEPORTE
Luz verde para los campos de fútbol de Esgos y Pereiro
Lo último
expansión empresas
Abrir una empresa en Singapur, desde 220 euros: todos los pasos y requisitos
TERROR EN CELANOVA
Celanova, de Samaín con “O Claustro das Ánimas”
EMOTIVO HOMENAJE
Unidad política en Barco de Valdeorras para honrar a Abdón Blanco