EL MACHISMO NO CESA
La violencia de género no da tregua: 2,4 denuncias al día en Ourense
A portavoz nacional, Ana Pontón, compareceu ante os medios tras un encontro de traballo cos responsables locais, lamentando que a situación de Ourense sexa hoxe peor que fai dous meses cando o BNG puxo sobre a mesa a súa proposta para sacar a cidade das Burgas da situación de parálise institucional derivada dun goberno municipal en descomposición.
Por iso, o BNG propón un Plan urxente para Ourense ante a parálise do Goberno local e a falta de acción política do Goberno da Xunta. Unha estratexia, explicou Pontón, “que actúe de inmediato no ámbito sanitario, social e económico con tres actuacións concretas: un plan de reforzo sanitario, rescatar ás persoas en risco de exclusión social mobilizando os recursos necesarios e axudas para os e as traballadoras autónomas e as PEMES”
Tras o encontro mantido co portavoz municipal, Luís Seara, coa deputada pola provincia Noa Presas e con outros responsables locais, a líder do Bloque entrou no detalle dese plan. Así, en materia económica, o BNG propón axudas inmediatas a través a través dunha liña de rescate con 200 M€ destinado xs autónomxs dotado de 200 M€, co cargo aos orzamentos da Xunta de 2021 con posibilidade de ser ampliad. É unha segunda liña de axuda á hostalería e turismo de 30 M€ para compensar como mínimo o 50% das perdas derivadas do peche covid. “Ourense e concellos limítrofes que levan máis tempo soportando as limitacións deben ser preferentes”, salientou Pontón.
En materia social, a pobreza na cidade xa supera as cifras da crise de 2009, “e todos vimos as colas para conseguir alimentos e produtos básicos demoledoras para calquera goberno”, indicou Pontón, polo que o Bloque defende unha actuación urxente na cidade neste ámbito, tendo en conta ademais que o concello conta cun remanente de 100 M€, “pero para iso Feijóo e o PP teñen que deixar de ser cómplices necesarios da parálise”.
Finalmente, no ámbito sanitario, a formación nacionalista propón reforzar o persoal e os servizos no CHUO, -por exemplo cunha unidade de xeriatría clave tendo en conta o alto nivel de envellecemento ou, tamén, para tratamento do ictus-, e garantir a poboación a atención sanitaria máis aló da COVID a través dos centros de saúde, “porque a telemedicina non é a solución”.
O BNG considera urxente actuar en positivo na cidade, tendo en conta que a situación non fixo máis que empeorar, do que responsabiliza a PP e PSOE empeñados en poñer os seus intereses partidistas por riba da veciñanza.
“Prefiren facerlle unha pinza á cidade demostrando que lles importa ben pouco o futuro e o benestar da xente que aquí vive e intenta saír adiante en medio dunha pandemia, ambos partidos están, literalmente,boicoteando Ourense e causando un prexuízo aos veciños e as veciñas, no ámbito económico e social e todo iso co agravante de estar en medio dunha pandemia”, denunciou.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
EL MACHISMO NO CESA
La violencia de género no da tregua: 2,4 denuncias al día en Ourense
Los ingenieros agrícolas de Ourense renuevan su cúpula
Pepe Paz, presidente do Colexio de Enxeñeiros Agrícolas: “Temos que facer un novo rural con mais industrias agroalimentarias”
UNO MENOS QUE EN 2022
Ourense se acerca a su récord de colisiones provocadas por animales
CULTURA EN EL RURAL
La Red Provincial de Auditorios de Ourense alcanza los 7.500 espectadores
Lo último
INTRODUCE TU NÚMERO
Comprobador Lotería de Navidad 2025: ¿te ha tocado El Gordo?
PLANES EN OURENSE
Agenda | ¿Qué hacer en Ourense hoy, lunes 22 de diciembre?