EL PEOR ENERO EN UNA DÉCADA
El fin de la Navidad y el clima dejan el peor enero de la década para el empleo en Ourense
O grupo provincial do BNG vén de lamentar o "colapso" do Xulgado de Familia e da sección civil da Audiencia provincial. O deputado nacionalista Iago Tabarés subliña que "a pesares das medidas de reforzo e apoio adoptadas de xeito continuado nos últimos anos, as taxas de conxestión son elevadísimas e inaceptables para un servizo público esencial".
Iago Tabarés critica que "o Xulgado de Familia de Ourense vén soportado unhas taxas de conxestión elevadísimas e crecentes, polo que as medidas adoptadas nos últimos tempos deben considerarse claramente como insuficientes ou inadecuadas".
Segundo defende o deputado, "na súa recente visita ao partido xudicial de Ourense, o presidente do Tribunal de Xustiza puido constatar persoalmente a situación de colapso que padece o Xulgado de Primeira Instancia número 6, especializado en materia de familia e capacidade".
Lembra ademais que "desde hai anos se vén reclamando a creación dunha nova praza de maxistrado, sendo a taxa de conxestión do órgano colexiado superior a dous puntos, duplicando o que podería constituír a taxa ordinaria", compara o deputado do Bloque no Hórreo.
Segundo a formación nacionalista, podería estimarse en tres ou catro anos o tempo para a resolución dun asunto de familia ou sobre capacidade das persoas no partido xudicial de Ourense, "o que en modo algún podemos considerar asumible".
Por todos estes motivos, rexistraron varias iniciativas dirixidas ao executivo galego para que adopte "as medidas necesarias" para revertir a situación actual. Tabarés asegura que desde o partido nacionalista solicitarán "a ampliación da planta xudicial no partido xudicial de Ourense".
Contenido patrocinado
También te puede interesar
EL PEOR ENERO EN UNA DÉCADA
El fin de la Navidad y el clima dejan el peor enero de la década para el empleo en Ourense
DÍA CONTRA EL CÁNCER
La Unidad del Dolor del Hospital de Ourense atiende 300 casos oncológicos al año
SIETE DÍAS EN LA AUTOVÍA
Nuevo corte de la tractorada en la N-525, mientras sigue el de la A-52
Lo último
COLABORACIÓN CIUDADANA
Desaparece un menor de 13 años vulnerable en Ourense
20 ANIVERSARIO DE ASTUREX
Los productos asturianos llegan ya a 150 países y se duplican las empresas exportadoras en dos décadas
COOPERACIÓN INTERNACIONAL
El embajador de Japón reafirma en DiploInnova Canarias el interés por el archipiélago