PREMIO OURENSANÍA 2026
La Coral De Ruada recibe el Premio Ourensanía 2026 por unanimidad
SEN ACORDO
Tras a rolda de prensa do PP deste mércores, na que os populares anunciaban que non asistirían a próximo reunión para acadar o "Pacto da Concordia" que o PSOE fixou para este xoves, o BNG vén de pronunciarse ao respecto.
Os catro concelleiros nacionalistas no Concello de Ourense convocaron aos medios de comunicación e a través de Luís Seara, portavoz municipal, lembraron que “na última reunión mantida, o BNG deixou a súa sinatura nun documento-proposta de moción de censura agardando polas outras trece necesarias para que prospere, sete do PP e seis do PSdeG-PSOE”, e engade, “sempre nos amosamos dispostos a, despois da moción de censura, traballar a prol da cidade e da súa gobernabilidade”.
"O PP nunca quixo censurar a a Jácome, pois é con el con quen asinaron en 2019 e no 2023”, aseverou Seara.
O BNG dan por rematado o intento de presentar unha moción de censura a Jácome no Concello de Ourense que prospere e lamentan que "se crearan falsas espectativas en boa parte da veciñanza xa que o PP nunca tivo vontade de que a moción prosperase. Nós fomos moi claros desde o primeiro momento namentres que o PP, o único que fixo, ao igual que no mandato pasado, foi pór escusas constantemente, escusas que por certo, aseméllanse moito a iso do que tanto se queixan, liñas vermellas".
Contenido patrocinado
También te puede interesar
PREMIO OURENSANÍA 2026
La Coral De Ruada recibe el Premio Ourensanía 2026 por unanimidad
CENSO ELECCIONES GENERALES
Galicia aporta 2,7 de los 38,7 millones de electores totales de España
CENSO ELECCIONES GENERALES
Ourense encara el 29-N con récord de voto exterior y la juventud en mínimos
RENOVACIÓN EN EL DEPORTE
Luz verde para los campos de fútbol de Esgos y Pereiro
Lo último