INCENDIO
Arde una casa en Rairo, Ourense
REPORTAJE
Cumplir soños é moi satisfactorio cando sabes dende pequeno o que queres. Pero a vida da moitas voltas, algo así experimentou Jonatán Pousada, que aínda que agora fai o que máis lle gusta, o seu camiño era moi distinto. Viticultor dende os tres anos non foi ata os 40 que creou a súa adega en Castrelo de Miño. Antes diso, Jonatán exerceu de crego durante 10 anos. “Eu era feliz, ou pensei que era feliz con iso”, explica Jonatán.
Dende cativo ao viticultor sempre lle gustou traballar nas viñas dos seus avós. Pasaba os veráns nelas e pensou en facer algo relacionado co viño. “A influencia social do meu entorno era moi grande, vían traballar nas viñas como algo para a xente que non se podía adicar a outra cousa”, lembra.
É por iso que aos 14 anos Jonatán deixou de lado as viñas e entrou no seminario. “Eu sentíame cómodo, gustábame estudar, había deportes e a min gustábame moito o atletismo”, rememora. Os seus anos no seminario lémbraos con ledicia. “No momento do selectivo estaba entre Filoloxía Galega ou Xornalismo. Non collín ningunha, e decidín seguir no seminario”.
Jonatán cursou Estudos Eclesiásticos, formándose no seo da Igrexa, e durante 11 anos no seminario ofrecéronlle oportunidades moi enriquecedoras. “O único que boto de menos é a música. Estudei piano no conservatorio, e non puiden seguir. Aos 16 anos dixéronme que o organista marchaba e precisaban un relevo. Así me convertín no organista do seminario”, conta Jonatán.
Ao rematar a súa formación, o viticultor traballou de crego en Calvos de Randín 10 anos, pero nos dous últimos plantexouse se iso era o que lle gustaba. “O que se me esixía como cura non era o que quería facer”, reflexiona. “Non podía seguir así porque me estaba enganando a min mesmo e tiña que tomar unha decisión, porque iso tamén afectaba á vida das persoas”.
“Nos últimos anos xa buscara traballo pola miña conta. Estiven de product expert nun concesionario, así que podía compatibilizar de luns a venres e logo as fins de semana ía polas parroquias”. Así rematou a súa actividade clerical, que lle comunicou ao vispo. Jonatán non tiña claro se adicarse á automoción ou á viticultura, polo que traballou en concesionarios ata setembro do 2023, e foi aí cando emprendeu o seu proxecto. “A partir dese momento deixei de traballar, agora só é esforzo físico”.
Casal do Canteiro, nace nun pequeno pazo que mercara o seu avó en Castrelo de Miño. Pero cumplir o seu soño non foi un camiño doado. “Os inicios son dificilísimos, fun tirando de aforros e plantexábame non seguir porque estaba afogado”, explica Jonatán.
O apoio da súa familia e da súa muller foron incondicionais, axudándoo no preciso para saír adiante. Sete hectáreas de viñas en Castrelo traballadas manualmente e sen descanso todo o ano son o resultado. “Estoume dedicando a aquilo que para min era un hobby, no que invertía o meu tempo libre”, conta con orgullo.
Jonatán sabe que este é o camiño que lle fai feliz. El mesmo di que dende que ten a adega fai algo que forma parte del. Comezar paseniño e mellorar cada día. “Non creei isto para enriquecerme, quero poder disfrutar, vivir delo. Para iso son moi cura”, recoñece entre risas.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
INCENDIO
Arde una casa en Rairo, Ourense
Garantiza un mayor alivio fiscal
Alfonso Rueda promete “cooperación y estabilidad” a los empresarios de Ourense
IDENTIFICACIÓN POR ADN
El hombre hallado sin vida en As Caldas llevaba 48 horas muerto