MOVILIDAD VERANO
Un coche todo el verano por 16.32 euros, entregado en tu puerta
A bandeira de Galicia, as fontes de As Burgas, o mapa ourensán e ata o logo da “Ourensanía” coláronse nos debuxos de escolares galardonados na novena edición do premio Estatuto de Autonomía de Galicia, que onte -cando se cumpren 41 anos da aprobación da norma básica institucional- celebrou o seu tradicional acto de entrega de diplomas no Teatro Principal. Un total de corenta rapaces, dos case 400 participantes, subiron onte ao escenario para recoller a súa distinción das mans de Manuel Baltar, presidente da Deputación e dos ex conselleiros ourensáns da Xunta Pachi Vázquez e Castor Gago. Con este certame, a institución provincial conmemora o Estatuto e difunde o seu significado entre os estudantes.
O lema deste ano foi “As competencias exclusivas de Galicia nas augas minerais e termais (Ourense a provincia termal)”, onde 40 rapaces de centros da provincia conquistaron ao xurado cos seus debuxos e redaccións. Os alumnos premiados pertencen aos centros CEE O Pino, CEIP de Sandiás, CPR María Inmaculada de Verín, CPR Padre Feijóo Zorelle, CPR Sagrado Corazón de Carballiño, CPR Plurilingüe La Purísima, CPR Miraflores e Divina Pastora Franciscanas.
Baltar subliñou que este acto é o único que se celebra en Galicia para conmemorar a aprobación do Estatuto: “Hai nove anos que decidimos impulsar este concurso. Foi naquel intre cando decidimos impulsar esta posta en valor do Estatuto de Autonomía. Porque no seu momento, no ano 1983, foi esta Deputación, en colaboración co Goberno Civil de Ourense -hoxe é a Subdelegación-, e a Delegación do Goberno en Galicia, quenes decidiron empezar a publicar aqueles primeiros decretos”. O presidente provincial subliñou que esta norma básica “trouxo progreso, desenvolvemento económico e social e unhas cotas de autogoberno longamente demandadas por aqueles que comezaron con esta cuestión, con ourensáns tan destacados como Alexandre Bóveda que deron o proxecto de Estatuto que a Guerra Civil tirou por terra e que logo trouxo o recoñecemento de nacionalidade histórica”. Baltar tildou aos estudantes como o “futuro do país” e, acompañado de Castor Gago e Pachi Vázquez, destacou a “pluralidade” dos premios con “servidores de Galicia” coma eles. As acrobacias aéreas de Luz de Lúa e o himno da provincia interpretado polo coro xuvenil Cantigas puxeron o broche musical.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
MOVILIDAD VERANO
Un coche todo el verano por 16.32 euros, entregado en tu puerta
CONATO EXTINGUIDO
Vídeo | Se desata un incendio forestal en una cantera de Untes
Lo último
SE ENCARECIÓ 77 PUNTOS
El Banco de España confirma el cierre del euríbor en el mes de julio en el 2,855%
TURISMO EXTRANJERO AL ALZA
Gráfico | España atrajo hasta junio a casi 46,6 millones de turistas