SEGUNDO FIN DE SEMANA
Galería | Ourense prolonga os magostos, en fotos
FESTIVAL DE CINE
O Auditorio Municipal de Ourense acolle esta tarde, a partir das 20:00 horas, a gala de clausura do Ourense Film Festival (OUFF). O festival pon fin ao seu 30 aniversario, nunha edición na que o equipo directivo ofreceu unha programación completa e marcada polo social.
A xornalista ourensá Lucía Rodríguez e o actor Secun de la Rosa serán os encargados de conducir a gala. “Levo moitísimos anos gozando do festival desde fóra e poder ser parte activa esta vez, como ourensá, é un agasallo”, asegurou Rodríguez. Sobre a 30ª edición do festival, tanto o director como a presentadora coincidiron en subliñar que está a ser un exitazo. “Hai moitísima implicación da xente nova, que perciben o festival como a meca do cine dentro de Galicia”, comentou a ourensá.
Ao longo dos dez días de festival, Ourense puido desfrutar de estreas mundiais, cinema galego de primeiro nivel e películas con toque social. En total, cando remate o día de hoxe, teranse proxectado 86 títulos e 164 proxeccións.
Será esta tarde cando se desvelen os filmes gañadores das diferentes seccións de competición. Haberá premios do xurado profesional e tamén do público, que estivo asistindo ás salas ao longo destes días. Algunhas das películas galardoadas poderanse ver por última vez mañá, domingo 5 de outubro, no Teatro Principal, ao longo da tarde.
Durante a gala farase entrega da Calpurnia de Honra ao director e actor Daniel Guzmán. O seu último filme, “La deuda”, proxectarase hoxe no Auditorio.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
SEGUNDO FIN DE SEMANA
Galería | Ourense prolonga os magostos, en fotos
PREMIO OURENSANÍA 2026
La Coral De Ruada recibe el Premio Ourensanía 2026 por unanimidad
CENSO ELECCIONES GENERALES
Galicia aporta 2,7 de los 38,7 millones de electores totales de España
CENSO ELECCIONES GENERALES
Ourense encara el 29-N con récord de voto exterior y la juventud en mínimos
Lo último