UN HELICÓPTERO MEDICALIZADO
Un herido tras ceder el suelo de su vivienda en Castro Caldelas
en marea
En Marea en Ourense celebrou este venres, no parque dos Parrulos de Barbadás, un encontro entre as súas principais candidatas ás Cortes e a veciñanza da Valenzá, para ter un intercambio de opinións sobre a situación da provincia e as propostas da candidatura.
David Bruzos, cabeza de lista por Ourense, denunciou a "mala xestión dos últimos anos", que teñen como efecto "a continua expulsión da nosa mocidade, á que non lle souberon dar outra saída que o billete de avión". "Ademáis dunha forma de facer política oposta á de En Marea, nós preguntamos á xente e aos expertos, mentres outros se adican a construír infraestruturas inaccesibles e logo gastar cartos en accesos", en referencia á construción do centro de saúde nunha das partes máis altas da zona, para que a que se está a propor un ascensor.
Barbadás, que é un dos Concellos con maior taxa de natalidade de Galicia, é dos poucos de máis de dez mil habitantes sen instituto público. En palabras da número dous de En Marea ao Congreso, Sofía Díaz "a única opción dos e das adolescentes de Barbadás é a educación concertada ou viaxes eternas en autobús ao Concello do lado". Díaz criticou que o Partido Popular non aposte pola educación pública, xa que "é a única que asegura unha igualdade de oportunidades a todos os fillos e fillas da clase traballadora".
Pilar Barros, candidata ao Senado de En Marea en Ourense, explicou as funcións desta cámara, e a importancia de que "gañemos como mínimo unha senadora na provincia, para poder facer efectivo o cambio profundo que precisa o Estado", lembrando a necesidade de que esta cámara aprobe calquera reforma constitucional.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
UN HELICÓPTERO MEDICALIZADO
Un herido tras ceder el suelo de su vivienda en Castro Caldelas
INVADIÓ EL CARRIL CONTRARIO
Condenada tras provocar un accidente en Ourense cuando iba drogada
ESTE VIERNES, ÚLTIMA JORNADA
La huelga médica ya afecta a más de 2.300 ourensanos
Lo último
Sociedad de Promoción Exterior Principado de Asturias
Bruno López, director general de Asturex: “Exportar requiere paciencia, constancia y músculo económico”
Juan M. Casares
CASTELLUM HONESTI
Trasalba; na memoria e no horizonte