Campamentos, ludoteca móbil e cine, actividades da Deputación de Ourense
OCIO EN VERANO
Pretenden achegar actividades aos nenos do rural, e tamén achegar o rural aos nenos durante o verán
A Deputación de Ourense presentou onte a súa programación de actividades para o verán, baseadas en campamentos, ludoteca móbil e cine ao aire libre. O director da Área de Cultura, Marcos Vázquez, salientou dous obxectivos fundamentais: “Achegar actividades aos nenos do rural e tamén achegar o rural aos nenos”.
A primeira das actividades é o “Music Camp”, un campamento baseado na música que se desenvolverá entre o 22 e o 28 de xullo en Muíños, dirixido a un público xuvenil de entre 13 e 18 anos. Fernando Calvo, o seu responsable, explicou que se trata dun complemento moi apreciado para a rapazada que estuda música, xa que o seu obxectivo primordial é tocar en directo e formar bandas que se enfrontarán nunha “batalla” na súa última xornada.
O segundo campamento ofertado pola Deputación é “Explora Ourense”, que tamén se desenvolve en Muíños. O seu responsable, Paulo Vázquez, explica que o seu obxectivo é o contacto coa natureza “e a desconexión das pantallas”. Contará con dúas quendas, do 1 ao 6 de agosto (para rapazada de entre 9 e 11 anos), e do 7 ao 12 de agosto, para nenos e nenas de entre 12 e 14 anos.
A ludoteca móbil ofertada pola Deputación durante os meses de verán contará con inchables e diferentes xogos e actividades de lecer. Haberá dúas modalidades (maxi ou mini) segundo as idades dos nenos e nenas participantes.
Por último, o “Cine de Verán” achegará 5 filmes a un total de 30 localidades da provincia durante os meses de xullo, agosto e parte de setembro. Tal e como explicou o seu responsable, Xoán Mariño, os concellos que conten con esta iniciativa poderán escoller a proxección dos filmes “+Cuñados”, “Amigos hasta la muerte”, “Valentina”, “Honeymoon” ou “¡Salta!”.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último
QUEN CHO DIXO
¿Sabe usted sabemos de las fiestas solo por el tráfico?
ENTRE ALGODONES
Lamine Yamal: “No estoy para jugar un partido completo”