RENOVACIÓN EN EL DEPORTE
Luz verde para los campos de fútbol de Esgos y Pereiro
Hai case unha década que na parroquia de Santa Mariña do Monte non tocan a defunto. E non porque non morrera ninguén. Os feligreses perderon hai oito anos as campás da igrexa que, ata entón, emitían ese son característico que avisa -especialmente nas aldeas- do falecemento de alguén. A desgraza aínda foi maior cando un raio estragou os altofalantes. Un cónclave de catro veciños e o cura concluíron que había que recuperar ese medio de comunicación tan eficaz que é o toque manual das campás. Xuntaron os cartos e mandaron os instrumentos a fundir a Cáceres, tralo complicado permiso de Patrimonio. Onte chegaron as campás á capela en furgoneta, coa expectación do párroco e dos veciños. Na igrexa era todo alegría. Só en Galicia, onde a morte é parte da cultura popular, se podería entender esta ledicia por poder volver tocar a defunto.
Alberto López, o párroco, foi un dos asistentes á colocación das campás, que pesan 130 e 60 quilos respectivamente. O sábado ás 17,00 horas irá o bispo, Leonardo Lemos, a bendicilas. “Fíxose unha comisión de cinco persoas co cura á cabeza e conseguimos refundilas. Os veciños querían recuperalas porque lle dan a vida á parroquia”, di Alberto López. “Era o sentir popular”, engade José Luis, un deses veciños que investigou a orixe das campás e reuniu toda a información técnica. Descubriu que, de non arranxar as vellas, o son orixinal das campás en Santa Mariña se perdería, porque cada mestre ten o seu estilo e a forma das campás é sempre diferente.
O sacristán xa ensaia para volver tocar as campás de Santa Mariña. O toque manual de campás español foi declarado Patrimonio Inmaterial da Humanidade.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
RENOVACIÓN EN EL DEPORTE
Luz verde para los campos de fútbol de Esgos y Pereiro
ACCIDENTE DE TRÁFICO MORTAL
Muere una mujer y otra persona resulta herida en un atropello múltiple en Bentraces
SENTENCIA JUDICIAL
Varapalo a Remar por usar a voluntarios para su negocio en Ourense
LARGAS RETENCIONES
Caos en la N-525 a su paso por Ourense por el cambio de carriles cortados
Lo último
TRAS VARIOS AÑOS DE ESPERA
El Consejo de Ministros aprueba el Reglamento del Estatuto de la Ciudadanía Española en el Exterior