GUERRA POLÍTICA LOCAL
Taboadela y Barbadás chocan tras un obradoiro frustrado
UNIVERSIDADE DE VIGO
O Campus de Ourense xa só ten catro graos con prazas dispoñibles a poucos días de que comece o novo curso. Tralo sexto chamamento feito onte por parte da Comisión Interuniversitaria de Galicia (CIUG), actualmente existen en Ourense catro opcións aínda abertas ao estudantado: Ciencia e Tecnoloxía dos Alimentos, Ciencias Ambientais, Turismo e Enxeñería Agraria. Son as mesmas que había o ano pasado a estas alturas.
Polo tanto, só catro titulación das 21 que oferta o Campus ourensán quedaron, polo de agora, sen cubrir, todas elas con arredor dunha vintena de prazas libres.
No caso do Campus de Vigo, aínda seguen tendo dispoñibilidade seis titulacións, con arredor dun cento de prazas libres: Enxeñaría Forestal, Telecomunicacións baixo o Programa Académico de Recorrido Sucesivo (PARS), Enxeñaría dos Recursos Mineiros e Enerxéticos, Tradución e Interpretación Español-Francés e Galego-Inglés, e Filoloxía Aplicada en Galego e Español.
No Campus de Pontevedra, tan só hai un grao universitario actualmente con vacantes, o de Enxeñería Forestal.
Os estudantes convocados neste sexto chamamento teñen un prazo limitado para formalizar a súa matrícula, desde o mércores 4 de setembro até o xoves 5 ás 23,59 horas. Aqueles que aínda esperan unha praza na súa primeira opción deben reconfirmar o seu desexo de permanecer na lista de espera a través da plataforma Nerta.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
GUERRA POLÍTICA LOCAL
Taboadela y Barbadás chocan tras un obradoiro frustrado
ROBOS DE COBRE
A la caza del “oro rojo” en Ourense
PUNTOS CRUCIALES
Imágenes aéreas | Un recorrido aún sobre plano
Lo último
José Luis Gómez
CUENTA DE RESULTADOS
Escudo del Gobierno ante la guerra
Jesús Prieto Guijo
LA OPINIÓN
Casañas Pedrares, lo llevas en la sangre