SEGUNDO FIN DE SEMANA
Galería | Ourense prolonga os magostos, en fotos
UNIVERSIDADE
A Facultade de Educación e Traballo Social do campus de Ourense celebra -hoxe, martes 6 de maio, e mañá, mércores 7 de maio- as II Xornadas traballo social ecosocial: defensa do territorio e comunidades sostibles. O seu obxectivo é “fortalecer o desenvolvemento do traballo social ecosocial e a organización comunitaria mediante a reflexión, o diálogo e as accións colectivas”.
Na actividade, alumnado, profesionais e colectivos compartirán “boas prácticas e experiencias de traballo social, de acción e de resistencia comunitaria na defensa dos ecosistemas de vida e do territorio”. Coordinada por Francisco Aguiar e Evelia Murcia, a iniciativa quere establecer alianzas e estratexias desde o traballo social para o desenvolvemento de comunidades sostibles e resiliente, ser un foro de debate “sobre a necesidade dunha transición xusta” e analizar os conflitos socioambientais e os impactos xerados nas comunidades “polos proxectos extractivistas e de explotación industrial dos bens naturais”.
A programación desenvolverase na sala Emilia Pardo Bazán, no soto do Edificio de Ferro, a partir das 16.00 h, contando co apoio do Colexio Oficial de Traballo Social de Galicia. O primeiro día comezará cunha conferencia de Emiliana Vicente, presidenta do Consejo General del Trabajo Social, sobre a responsabilidade do traballo social fronte aos desafíos ecolóxicos e a xustiza ecosocial. Seguiranlle intervencións sobre a avaliación do impacto social dos proxectos industriais, a cargo de Fernando Relinque, director da Cátedra Trabajo Social Verde da Universidad Pablo de Olavide (Sevilla), e sobre o impacto ambiental da macrocelulosa de Altri, con Serafín González, investigador do CSIC e presidente da Sociedade Galega de Historia Natural.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
SEGUNDO FIN DE SEMANA
Galería | Ourense prolonga os magostos, en fotos
PREMIO OURENSANÍA 2026
La Coral De Ruada recibe el Premio Ourensanía 2026 por unanimidad
CENSO ELECCIONES GENERALES
Galicia aporta 2,7 de los 38,7 millones de electores totales de España
CENSO ELECCIONES GENERALES
Ourense encara el 29-N con récord de voto exterior y la juventud en mínimos
Lo último