GUERRA POLÍTICA LOCAL
Taboadela y Barbadás chocan tras un obradoiro frustrado
A Littorina saxatilis é unha especie de caracol mariño que se pode atopar nas costas do Atlántico norte, dende Portugal ata Suecia. Pero nas costas galegas a Littorina saxatilis presenta un polimorfismo moi particular que é de moita utilidade para que os investigadores poidan determinar os procesos e mecanismos responsables da formación de novas especies. Neste eido leva traballando o profesor Emilio Rolán Álvarez dende comezos da década de 1990. Ao longo destas décadas, o grupo vigués estableceu unha rede de colaboración cos grupos de investigación das universidades de Gotemburgo (Suecia), Sheffield (Reino Unido) e Guelph (Canadá). O seu traballo reflectiuse en dous proxectos financiados polo Ministerio de Economía e Competitividade e veñen de recibir a confirmación dun terceiro.
Rolán explica que neste novo proxecto centraranse nas preferencias de apareamento dos polimorfismos da Littorina saxatilis en Galicia. Explica que se considera unha especie diferenciada cando a barreira reprodutiva é completa, polo tanto coñecer o nivel de illamento reprodutivo é básico para coñecer os mecanismos que fan xurdir novas especies. "Polo que temos investigado, ambas variedades do caracol mariño que se atopan en Galicia son xeneticamente idénticas no 97% pero dáse unha preferencia reprodutiva clara, pola que tenden a aparearse entre individuos da mesma variedade.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
GUERRA POLÍTICA LOCAL
Taboadela y Barbadás chocan tras un obradoiro frustrado
ROBOS DE COBRE
A la caza del “oro rojo” en Ourense
PUNTOS CRUCIALES
Imágenes aéreas | Un recorrido aún sobre plano
Lo último
ACCIDENTE DE TRÁFICO
Un atropello deja un herido que tuvo que ser evacuado en A Valenzá
BAJADA DE LOS PRECIOS
Las gasolineras de Ourense recuperan clientes tras la rebaja del combustible