GUERRA POLÍTICA LOCAL
Taboadela y Barbadás chocan tras un obradoiro frustrado
HOMENAJE
Os Peares acolleu onte o acto de conmemoración do 37º aniversario do pasamento do intelectual ourensán Rodolfo Prada, home de confianza de Castelao, membro dun ourensanismo militante en América e un dos ourensáns máis universais. O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, avanzou que antes de que remate 2017 "inauguraremos diante da casa na que naceu Rodolfo Prada, nos Peares, un monumento na súa lembranza, autoría do escultor Manuel Buciños".
Baltar dixo no acto que Prada "foi quen de unir coa súa intelectualidade á Xeracíón Nós e a Transición, nun longo periodo que abrangue gran parte do século XX, no que participou en todos os movementos galeguistas".
Foi home de confianza de Castelao na Arxentina, e "destacou polo seu ourensanismo militante en América, sendo un dos ourensáns máis universais", engadiu Baltar.
No acto, que tivo lugar na sede do Consorcio dos Peares, participou tamén a neta de Rodolfo Prada, María Soledad Prada -quen visita por primeira vez Galicia, procedente de Chile, país no que reside-; así como familiares do intelectual ourensán e representantes institucionais, culturais e sociais.
Manuel Baltar expresou que Prada "participou, dunha ou doutra maneira, desde América, en todos os movementos que conforman a actividade galeguista do século XX; desde as Irmandades da Fala, en 1918, ata a transición política e a autonomía, en 1980, ano da súa morte, pasando antes por un estreito contacto cos homes da Xeración Nós; a labor do PG; a campaña do Estatuto e o plebiscito, en 1936; a acollida aos exiliados e a recuperación cultural, en Bos Aires, a Galicia ideal; os conflitos cos galeguistas do interior, nos que foi mediador válido e, sobre todo, o ser home de confianza de Castelao e xestionar, como albacea, o seu legado".
O xurado do Premio Ourensanía determinara hai un ano ampliar o galardón para darlle un carácter histórico que permitise rescatar a memoria e a obra de ilustres fillos de Ourense, falecidos, que tivesen contribuído ao engrandecemento da propia ourensanía, desde calquera ámbito e en calquera parte do mundo. Así, o primeiro distinguido coa "Ourensanía de Honor", por unanimidade, foi Rodolfo Prada Chamochín, nado na localidade dos Peares hai 125 anos, e de quen se celebrou onte o 37º cabodano.
O presidente do goberno provincial expresou que o compromiso da Deputación coa figura de Prada "segue e seguirá", e avanzou que antes de rematar 2017, "aquí nos Peares, diante do predio onde estivo a casa na que naceu, inauguraremos un monumento na súa lembranza, obra de Manuel Buciños, para que as novas xeracións saiban quen foi Rodolfo Prada".
O acto contou tamén coa participación do alcalde da Peroxa, Manuel Seoane, e do presidente da Asociación Cultural Rodolfo Prada Chamochín, Francisco González.
Ser de Ourense, "un "privilexio"
A neta do galeguista agradeceu a homenaxe impulsada pola Deputación, destacando que se avó "sempre considerou un privilexio pertencer a unha terra como Ourense e Galicia", mentres que o escritor e presidente do PEN Galicia, Luis González Tosar, dixo no acto que Prada "defendeu a realidade propia de Galicia, sen necesidade de verse no espello doutros modelos de Europa". Tosar engadiu que un galeguista "non pode caer nunca no separatismo precisamente porque o galeguismo é solidario".
Contenido patrocinado
También te puede interesar
GUERRA POLÍTICA LOCAL
Taboadela y Barbadás chocan tras un obradoiro frustrado
ROBOS DE COBRE
A la caza del “oro rojo” en Ourense
PUNTOS CRUCIALES
Imágenes aéreas | Un recorrido aún sobre plano
Lo último
50 ANIVERSARIO
Ridimoas analizará en su asamblea los daños del fuego
Arturo Maneiro
PUNTADAS CON HILO
No es una opción, es un mandato constitucional
FÚTBOL SALA FEMENINO
Meigas y el Rodiles, los rivales del Ontime B y Estrela Cortegada