Castro Caldelas festexou a entrega dos Premios do Foro do Bo Burgo

PREMIOS

Con este galardón conmemoran o primeiro texto escrito en galego

Manuel Carrete, José Manuel Armesto, Pili Pampín, Sara Inés Vega, Mario García, Acisclo Manzano e Manuel Salgado no momento da entrega de premios do Foro do Burgo no Castelo de Castro Caldelas.
Manuel Carrete, José Manuel Armesto, Pili Pampín, Sara Inés Vega, Mario García, Acisclo Manzano e Manuel Salgado no momento da entrega de premios do Foro do Burgo no Castelo de Castro Caldelas.

O Concello de Castro Caldelas, dentro do festexo do Día das Letras Galegas, celebrou un evento significativo ao entregar os II Premios do Foro do Bo Burgo de Castro Caldelas, “conmemorando os 796 anos do primeiro texto escrito en lingua galega, o Foro do Burgo de Caldelas”, tal e como sinalan desde o Consistorio.

O acto, organizado polo Concello e a unidade parroquial de O Burgo celebrouse na sala nobre do castelo este xoves, ás 18,00 horas.

Estes premios recoñecen a persoas físicas e xurídicas que defenden a lingua galega, ademáis de recoñecer tamén no galardon a quenes defendan “as nosas tradicións e todo o relacionado coa nosa terra e a súa xente” enganden desde a organización.

Os galardoados foron obsequiados cunha obra da pintora local, Maite Vázquez. Acisclo Manzano, escultor, foi recoñecido no ámbito da arte; Rosario Álvarez, presidenta do Consello da Cultura Galega, no da cultura; Xosé Manuel Piñeiro, no da comunicación; Mario García, educador social e actual deputado no Parlamento de Cataluña, recibiu o premio polo seu defensa do Couto Mixto e a nosa lingua en Cataluña; e María del Pilar Villar Rivas “Pili Pampín”, cantante e presentadora coñecida pola súa dedicación á defensa do galego, foi distinguida no ámbito da música.

Aínda que Xosé Manuel Piñeiro e Rosario Álvarez non puideron asistir ao acto debido a compromisos laborais, enviaron representantes para recibir o premio no seu nome.

O evento foi presentado polo avogado e investigador Manuel Carrete e amenizado pola cantante viguesa ARiMagritte, ofrecendo unha velada memorable en honra ao idioma e a cultura galega.

Contenido patrocinado

stats