Caldelas acolleu a entrega dos Premios do Foro do Burgo

A alcaldesa cos premiados e o bispo.
photo_camera A alcaldesa cos premiados e o bispo.

Castro Caldelas acolleu a fin de semana a cerimonia de entrega dos I Premios do Foro do Burgo na Igrexa de Sta. María de O Burgo. Foi un acto que contóu coa asistencia dos premiados, autoridades e os veciños de O Burgo e Castro Caldelas. Os Gaiteiros da Escola Municipal de Música de Castro Caldelas e o músico Marcelo Dobode puxeron a nota musical.

O acto foi presentado polo director da UNED de Ourense, Jesús Manuel García, e a acta foi leída polo párroco de Caldelas, Manuel Armesto.  O historiador Manuel Carrete fixo unha disertación sobre o FORO e a reivindicación de C. Caldelas como “Berce do galego”,  lembrando os 795 anos de historia deste primeiro documento en lingua galega. 

Os premiados recibiron o galardón consistente nunha reproducción artesán do carimbo do documento asinado no Foro, feito pola pintora caldelá Maite Vázquez e Carlos Costoya.  Cada premio é único, sendo unha peza de arcilla cocida pintada a man.

Os galardonados fóron o doutor Eduardo López Collazo, que non puido recibir o premio por atoparse con coronavirus; a Fundación Vicente Risco, que recolleu o premio a sua presidenta, a escritora Helena Villar Janeiro.

Outros premiados

O arcebispo de Santiago, Francisco José Prieto, recibíu o premio de mans do bispo de Ourense, Leonardo Lemos, e a directora xeral de Patrimonio Cultural da Xunta de Galicia, María del Carmen Martínez Insua,  recibíu o galardón de mans da alcaldesa Sara Inés Vega

Os premiados, despois do seu parlamento, asinaron no Libro de Ouro do Concello e no da Parroquia. 

Magosto

O remate do acto institucional, todos aproveitaron para degustar un magosto a base de productos da zona no “Pósito” do Burgo.

O servizo de Protección Civil do concello de Castro Caldelas e veciños do municipio axudaron na organización do acto. A alcaldesa caldelá agradeceu a todos a colaboración e resaltóu a importancia deste evento cultural e do lugar onde se celebraba. Tamén asistiron ó acto o escultor Acisclo Manzano e a divulgadora cultural Mar López Sotelo, “grandes amigos e colaboradores da Terra de Caldelas”, suliñou a rexidora.

Te puede interesar