RENOVACIÓN EN EL DEPORTE
Luz verde para los campos de fútbol de Esgos y Pereiro
PATRIMONIO CULTURAL
O catedrático de Historia Medieval da Universidade de Santiago de Compostela, Fernando López Alsina, visitou esta tarde a exposición In Tempore Sueborum, acompañado polo comisario da mesma, Jorge López Quiroga, e polo responsable das visitas guiadas, Jesús Manuel García. A exposición, que organiza a Deputación de Ourense, é a máis importante de Europa sobre o reino suevo, e na que se mostran obxectos procedentes de 39 museos de 10 países: España, Portugal, Austria, República Checa, Hungría, Eslovaquia, Polonia, Bélxica, Francia, Alemaña.
Trala visita, o catedrático de Historia Medieval destacou a suma importancia que ten reunir un número tan elevado de pezas de gran valor procedentes de museos de varios países nunha mesma exposición, "o que a converte nun evento único", sinalou Fernando López Alsina, e engadiu, "a gran nova é que está todo reunido aquí, a disposición dos visitantes, para velo, disfrutalo e estudalo. É unha magnífica exposición".
A mostra, que poderá visitarse ata o día 4 de marzo de 2018, está exposta en tres espazos da cidade de Ourense organizados en tres bloques temáticos: o Centro Cultural "Marcos Valcárcel" da Deputación de Ourense con obxectos sobre a deconstrución dos bárbaros, a Igrexa de Santa María Nai céntrase no proceso de cristianización na Gallaecia da época sueva, e o Museo Municipal permite coñecer o ámbito social e organizativo dos suevos cos galaico-romanos.
Tódolos grupos interesados en facer un percorrido polo tempo dos suevos na Gallaecia (411 – 585) a través dunha visita guiada pola exposición poden realizar a súa reserva a través do correo electrónico comunicacion@intemporesueborum.es. Ademais, de luns a sábado, ás 18,30 horas, hai visitas guiadas que non precisan de reserva. Tódalas visitas á exposición son de balde.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
RENOVACIÓN EN EL DEPORTE
Luz verde para los campos de fútbol de Esgos y Pereiro
ACCIDENTE DE TRÁFICO MORTAL
Muere una mujer y otra persona resulta herida en un atropello múltiple en Bentraces
SENTENCIA JUDICIAL
Varapalo a Remar por usar a voluntarios para su negocio en Ourense
LARGAS RETENCIONES
Caos en la N-525 a su paso por Ourense por el cambio de carriles cortados
Lo último
RESPONSABILIDADES POLÍTICAS
❌ ✅ Encuesta | ¿Crees que la dimisión de Óscar Puente es suficiente?
"LA CULPA NO PUEDE MORIR SOLA"
Óscar Puente dimite tras 4 horas de comparecencia sobre su gestión y dos accidentes ferroviarios que suman 114 muertos