O Centro de Ciberseguridade de Galicia convértese no piar das novas tecnoloxías
OURENSE
En materia de política social, a Xunta porá en marcha en 2025 en Ourense o novo centro de atención a persoas con discapacidade
Máis aló do Centro de Ciberseguridade de Galicia que se constrúe no Parque Tecnolóxico de Galicia e que converterá a Ourense na capital galega de ciberseguridade, os orzamentos contemplan tamén un millón de euros para a Praza de Abastos da cidade de Ourense e 400.000 euros para o CIFP Santa María de Europa, integrado na rede pública de centros e entidades de formación para o emprego.
Así mesmo, en materia de infraestruturas cómpre destacar a construción do novo Edificio administrativo para a Delegación da Xunta, que contará cun orzamento de dous millóns de euros. Unha actuación que permitirá reforzar os servizos públicos e mellorar a atención aos usuarios, ademais de concentrar servizos dispersos e o aforro en alugueres.
Aposta pola sanidade. Falar dos orzamentos da Xunta de Galicia na cidade de Ourense é falar de sanidade. O Executivo galego mantén o esforzo inversor para as obras no CHUO, con 27 millóns de euros, como no ano 2024. E para a continuación do Plan Director recóllense compromisos plurianuais ata o ano 2027 por importe total de 29,4 millóns.
Outra infraestrutura central será o Centro Integral de Saúde de Ourense, para o que se destinarán 2,5 millóns de euros.
Política social. En materia de política social, a Xunta porá en marcha en 2025 o novo centro de atención a persoas con discapacidade de Ourense (CAPD) e destinará máis de 500.000 euros ao novo Centro de Crise 24H.
Vivenda pública e infraestruturas. En materia de vivenda, o Goberno galego investirá 8,22 millóns de euros para a construción de vivenda de promoción pública en Cambeo da Raia, o que permitirá facilitar o acceso á vivenda ás familias con máis dificultades de entrar no mercado libre.
En total, en toda Galicia triplicarase o investimento para solo residencial e a construción de vivenda pública. Na cidade de Ourense, esta medida traducirase en 0,77 millóns de euros en Rexurbe e 0,62 millóns para solo residencial.
Por outra banda, o novo vial de acceso ao CHUO desde a N-525 entra na progración dos orzamentos de infraestruturas, con un millón de euros, e o último treito da obra da circunvalación Leste de Ourense executarase en 2025 con outro millón de euros.
Continuarase ademais coa execución da senda na OU402, en Reza, para a que se destinan 1,1 millóns de euros.
Eido educativo. Na cidade de Ourense destinaranse 1,1 millóns de euros para a ampliación e rehabilitación de centros como o CIFP a Farixa.
Orzamentos
Luz verde ao proxecto de Lei de Orzamentos da Comunidade Autónoma para 2025, os presupostos máis altos da historia de Galicia, que aumentan o investimento en infraestruturas e no reforzo da actividade empresarial preto dun cinco por cento (4,7%) co obxectivo de impulsar o crecemento futuro de Galicia. O incremento é case o dobre do que medra o orzamento galego para o vindeiro ano: 2,6. Deste xeito, Galicia aprobará as súas contas, un ano máis, en tempo e forma e será unha das primeiras comunidades en facelo coa previsión de que podan entrar en vigor o 1 de xaneiro de 2025.
As contas autonómicas ascenden a preto de 14.000 millóns de euros (13.954 millóns de euros) para cimentar o benestar dos maiores, os servizos ás familias, a promoción da vivenda e o impulso aos sectores produtivos.
Entre as iniciativas que sustentan a base para impulsar o crecemento atópanse as enfocadas a acadar a transformación dixital, o fortalecemento do sector primario, o apoio ao desenvolvemento empresarial, a internacionalización do tecido industrial ou o pulo ao I+D.
Os recursos orzamentarios de 2025 recollen a primeira prioridade do Goberno galego, que é o reforzo continúo e permanente do gasto social, a sanidade, a educación, as políticas sociais e o emprego. Para iso se destina unha cifra que supera por primeira vez os 10.000 millóns de euros, ata alcanzar os 10.227. Isto quere dicir que un 74 por cento do orzamento, tres de cada catro euros, se destinan ao coidado das persoas a través da sanidade, a educación, a política social e o emprego, cun incremento de preto de 500 millóns de euros en só un ano.
Así, as contas de 2025 contemplan 5.434 millóns para a sanidade pública, cos que se abundará no Centro de Protonterapia, na mellora do calendario de vacinacións, en novos cribados para mellorar a prevención de enfermidades, na execución do Plan de Infraestruturas Sanitarias e en 1.400 prazas das que máis de cen son para formación de
novos MIR.
A partida para as diferentes políticas educativas acada os 2.972 millóns, que van financiar o primeiro curso coas matrículas universitarias gratuítas, o que fai de Galicia a primeira comunidade autónoma en garantir a educación de balde desde os cero anos ata o remate dos estudos superiores. Tamén se seguirá traballando na diminución das ratios de alumnado por aula, co incremento do número de profesores, na creación do novo CESGA, para situar a comunidade galega na vangarda da computación, ademais de continuar incrementando o investimento en I+D+i.
No que se refire ás políticas sociais, cos 1.415 millóns de euros das contas de 2025 reforzarase a asistencia a persoas maiores en centros e residencias e facilitarase a súa atención domiciliara, ademais de impulsar a escolarización no primeiro ciclo de educación infantil.
O emprego contará con 446 millóns de euros, que se destinarán á aplicación das novas tecnoloxías para conectar a oferta e a demanda, así como para facilitar a transición entre a formación e a incorporación ao mercado laboral. Tamén se reforzará unha Formación Profesional que ten demostrada a súa orientación ás necesidades do mundo do traballo.
Máis recursos para as entidades locais
O Goberno galego vai destinar máis recursos ás entidades locais nestes orzamentos para 2025. Por iso se aumenta a partida destinada aos concellos ata os 641 millóns de euros, 30 máis que este ano, o maior esforzo da historia da autonomía cos concellos.
Este incremento repártese entre o Fondo de Cooperación Local, que vai recibir 168 millóns de euros, 10 millóns máis, o que supón unha suba do 6,3 por cento por riba do incremento medio do orzamento. Tamén se recollen as demandas da Fegamp para incrementar o fondo base, con 5,4 millóns de euros de aumento, que se destinarán aos concellos de menos de 15.000 habitantes, que son os que teñen maiores dificultades. Por outra banda, destinaranse 445,8 millóns máis a transferencias para atender as diferentes necesidades da cidadanía.
En definitiva, unhas contas con máis recursos ca nunca, que consolidan o crecemento económico postpandemia, impulsan a vivenda, reforzan e modernizan os servizos públicos, favorecen o emprego e apoian a mellora da competitividade das empresas galegas.
Os orzamentos 2025 permitirán, ademais, facer un balance do estado de cumprimento do Plan Estratéxico de Galicia 2022-2030, o que avala que o Goberno galego traballa con previsións e que segue con rigorosidade a folla de ruta marcada.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
PRODUCCIÓN VITIVINÍCOLA
Las heladas tardías provocan daños puntuales en las vides de la D.O. Monterrei
Lo último