VUELCO EN EL SECTOR PÚBLICO
Más de 3.600 trabajadores públicos de Ourense, en vilo por su puesto
OUFF 2025
O Ourense Film Festival (OUFF) reivindicou a memoria íntima no arranque dos “Encontros Literarios” da man de Manolo González, que rescatou o cineísta que filmou a vida por pura paixón. A libraría Tanco converteuse onte nunha máquina do tempo durante a presentación de “O Cineísta Andarengo”, un ensaio que recuperou a figura esquecida de Bernardino de Lamas, o ferrolán que capturou coa súa Pathé Baby a Galicia dos anos 20 e 30.
Houbo un murmurio especial en Tanco, que se encheu para falar de tesouros. E o de onte á noite era de celuloide, de memoria e dunha paixón case esquecida. O OUFF amosou unha vez máis a súa intelixencia ao abrir unha xanela á palabra escrita, e fíxoo da man dun dos grandes gardiáns do audiovisual galego, Manolo González, que veu presentar a unha pantasma entrañable: Bernardino de Lamas.
Arrodeado por andeis que cheiraban a papel e a historias, González non se presentou como un simple autor, senón como o que é: un activista da memoria. Coa calma de quen leva corenta anos desenterrando imaxes, introduciu os asistentes no mundo de “O Cineísta Andarengo”. E con el, viaxouse a unha Galicia de hai un século, unha terra de feiras, procesións e vida cotiá que un xornalista ferrolán chamado Alfonso Piñón decidiu que merecía ser lembrada.
Armado co seu pseudónimo, Bernardino de Lamas, e cunha pequena cámara Pathé Baby, Piñón filmou preto de trescentas películas. Non eran superproducións, nin dramas con guión. Como explicou González con entusiasmo, eran algo moito máis valioso: a vida sen filtros. “Filmaba por pracer, por costume, por paixón”, resoou na libraría. E nesa frase encerrábase a esencia da velada. O público escoitou enganchado a historia, coma quen descobre un anaco perdido do pasado de Galicia. Houbo preguntas, anécdotas e coloquio posterior.
Con todo, quedou clara a mensaxe principal da noite: que o cinema, máis aló da grande industria, tamén pertence á xente, a eses apaixonados que, coma Bernardino, só queren gardar un anaco da vida.
O segundo destes Encontros Literarios terá lugar o vindeiro sábado, 27 de setembro, ás 12,30 horas, no Ceres 1984. Alí presentarase “Mujeres de Cine”, unha obra de Ruth Gabriel, coa que achega ao público a historia de 30 actrices clásicas do cinema español, nadas entre 1900 e 1965.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
VUELCO EN EL SECTOR PÚBLICO
Más de 3.600 trabajadores públicos de Ourense, en vilo por su puesto
BUM DE JUBILACIONES
La mitad de vacantes por jubilación en Ourense no tendrán repuesto juvenil
Lo último