EL PEOR ENERO EN UNA DÉCADA
El fin de la Navidad y el clima dejan el peor enero de la década para el empleo en Ourense
EN FESTAS
A provincia de Ourense está sendo unha continua festa durante o verán. No mes de agosto, todas as comarcas da provincia teñen os seus propios festexos, honrando as súas respectivas virxes e os seus productos gastronómicos locais. E nesta ponte, a actividade festiva vai a máis.
Os veciños de Cortiñas, no municipio de Castrelo de Miño, comezaron onte festividade relixiosa da Virxe da Asunción e San Roque, e fixérono coa a vixésima edición da Festa da Codorniz. Foron centos os ourensáns que acudir a degustar as exquisitas codornices preparadas na “braseira”, como xa é costume. A festa segue durante estes días na localidade.
A moi poucos quilómetros de alí comezou a festa na honra da Virxe da Asunción e San Roque, na parroquia de Macendo, tamén no concello de Castrelo de Miño, coa XV Cea do Xarrete e Xarrote. Como é habitual, o campo da festa da parroquia acolleu na noite de onte a tradicional cea, que marcou o punto de partida dos festexos na honra da Virxe da Asunción. O xarrete, unha das partes máis saborosas da tenreira, puido ser saboreada nas súas dúas alternativas de preparación (cocida ou asada), acompañada de pan e viños do Ribeiro. O programa de festexos continúa hoxe. .
Mentras tanto, na Baixa Limia os veciños de Entrimo comezaron este mércores coa honra a Santa María A Real durante tres días. E como xa empeza a ser habitual, fixérono co seu propio entroido de verán, o “Entrifaz”, que cumpriu a súa sétima edición. O desfile polas rías da localidad fixo as delicias do público. Comparsas e moitos disfraces, acompañados das charangas BCB e Támega, alongaron a festa oficial ata medianoite. Logo, comezou a verbena. Hoxe amence cedo, ás nove da mañá co desfile e a música da Banda de Lobios.
Tamén onte foi día de festa por todo o alto no Bolo, onde celebraron a segunda edición da Feira Irmandiña, na que conmemoraron o asalto ao castelo no século XV polos Irmandiños. Veciños e visitantes impoicáronse para recrear a vila de entón e pór en valor castelo, museo, patrimonio, artesanía e gastronomía do municipio.
E a festa non para. Ata o domingo, todos os recunchos da provincia seguen coa troula, que chegará a fin de semana ao seu momento de máxima intensidade.
No Bolo regresaron ao pasado coa primeira Feira Irmandiña. Aproveitando a ponte festiva foron moitos os visitantes ao castelo da localidade, onde houbo tamén unha representación teatral.
En Cortiñas (Castrelo de Miño) arrincaron os días de festa cunhas riquísimas codornices feitas na “braseira”.
Macendo, en Castrelo de Miño, arrancou as festas da Asunción e San Roque coa Cea do Xarrete e Xarrote.
Entrimou comezou onte as festas patronais coa celebración do “Entrifaz”, o entroido de verán, que empeza a ser xa tradición na localidade da Baixa Limia.
Os veciños puxeron os seus mellores disfraces e bailaron ao son das charangas BCB e Támega ata a medianoite. Logo empezou a verbena coa discomóbil Euphoria.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
EL PEOR ENERO EN UNA DÉCADA
El fin de la Navidad y el clima dejan el peor enero de la década para el empleo en Ourense
DÍA CONTRA EL CÁNCER
La Unidad del Dolor del Hospital de Ourense atiende 300 casos oncológicos al año
SIETE DÍAS EN LA AUTOVÍA
Nuevo corte de la tractorada en la N-525, mientras sigue el de la A-52
Lo último