El concello ourensano de Boborás rememorará a "Batalla contra Napoleón"
HISTORIA
Máis dun cento de participantes, procedentes da zona e de toda España, recrearán o enfrentamento que enfrontou aos galegos liderados polo capitán Cachamuíña contra as tropas francesas de Napoleón no 1809
Máis dun cento de veciños de Boborás e participantes procedentes de localidades de toda España recrearán esta fin de semana un dos acontecementos máis singulares da historia da provincia: A Batalla de 1809, que enfrontou aos galegos liderados polo capitán Cachamuíña contra as tropas francesas de Napoleón.
A Deputación e o Concello de Boborás colaboran con esta festa histórica, organizada pola Asociación Cultural A Batalla 1809, e na que os veciños de Boborás convidan aos visitantes a unha viaxe
no tempo para coñecer durante dous días -sábado 13 e domingo 14 de xullo- en Pazos de Arenteiro, os costumes, a gastronomía e o modo de vida daquela época, nunha ampla programación que culminará ás 13,30 horas do domingo coa batalla na ponte.
O vicepresidente segundo, César Fernández, participou na presentación xunto á alcaldesa, Patricia Torres, e a representante da organización, Elvira Santiago Fernández definiu 1809 A Batalla como “un evento xa fundamental no calendario da provincia”, e Patricia Torres incidiu en convidar á xente porque “é unha festa totalmente diferente as outras, onde nos despertamos tal cual en 1809 e vivimos cada acontemento como se estivese ocurrindo de verdade, o que fai que o realismo sexa incrible, sumado a presencia de disparos”.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
UN BOLSO TAMBIÉN DE LA FIRMA
El vestido de la reina Letizia en su visita a Adolfo Domínguez en San Cibrao: de algodón y rebajado a menos de 100€
Lo último
Jorge Vázquez
SENDA 0011
La copa la levanta uno
SIGUEN LOS FICHAJES
Dos caras nuevas más para el Ourense CF