IMPACTO CONTRA LA MEDIANA
Choca contra otro coche, deja varios heridos y se da a la fuga en Arrabaldo, Ourense
COOPERACIÓN TERRITORIAL
Representantes institucionais dun lado e doutro da fronteira participaron onte no Seminario transfronteirizo sobre a Agrupación Europea de Cooperación Territorial (AECT) Raia Seca Gerês-Xurés, celebrado no Centro Cultural Marcos Valcárcel, e no que se presentaron os resultados deste proxecto europeo. O seu obxectivo é mellorar a eficiencia das administracións públicas, promovendo a cooperación xurídica e administrativa nas rexións fronteirizas.
As administracións locais presentes acordaron promover a intensificación das dinámicas transfronteirizas xa existentes, a través da creación dunha AECT que facilite a xestión do “ben común” e promova o desenvolvemento deste territorio transfronteirizo de forma colaborativa e harmoniosa. Ademais crearase a Reserva da Biosfera Transfronteiriza Gerês-Xurés.
Os concellos ourensáns que formarán parte desta futura AECT son Baltar, Bande, Calvos de Randín, Cualedro, Entrimo, Lobeira, Lobios, Monterrei, Muíños, Oímbra, Padrenda, Verea e Quintela do Leirado. O norte de Portugal estará representado por Arcos de Valdevez, Melgaço, Montalegre, Ponte da Barca e Terras de Bouro.
Este proxecto europeo, promovido pola Deputación e o Inorde, está cofinanciado ao 75% polo FEDER a través do Programa Interreg.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
IMPACTO CONTRA LA MEDIANA
Choca contra otro coche, deja varios heridos y se da a la fuga en Arrabaldo, Ourense
"RUADA" POR LAS BODEGAS
Seixalbo volvió al pasado en su Festa dos Foros
Lo último
Guerra en Ucrania
Nuevos ataques de Ucrania contra refinerías de Rusia
AVISO DE UN FAMILIAR
Localizan el cuerpo sin vida de una mujer de avanzada edad en un regato de Bembrive