Convocado o premio de oratoria Otero Pedrayo
FORMATO PODCAST
A Asociación de Amigos de Otero Pedrayo convoca o III Premio de Oratoria en formato podcast para alumnado galego de 15 a 25 anos, cunha dotación de 3.000 euros en premios e prazo de entrega ata o 25 de xullo de 2025.
A Asociación de Amigos de Otero Pedrayo, en colaboración coa Secretaría Xeral de Lingua e a cooperativa agroalimentaria Coren, vén de convocar o III Premio de oratoria en formato podcast “Ramón Otero Pedrayo”, dirixido ao alumnado galego entre 15 e 25 anos. O galardón, creado coa idea que a figura de Ramón Otero Pedrayo non sexa esquecida polas novas xeracións, está dotado con tres mil euros, repartidos en tres categorías.
Premios
- Primeiro premio: Ordenador portátil + 500 € en produtos Coren
- Segundo premio: 500 € en produtos Coren
- Terceiro premio: 200 € en produtos Coren
Temática
- Os podcast deberán tratar sobre temas ligados ao universo oteriano.
Formato e envío
- Os traballos poden presentarse en formato podcast ou vídeo.
- Deben enviarse ao correo electrónico da asociación:
- amigos.de.otero.pedrayo@gmail.com
- Prazo de presentación: Ata o 25 de xullo
Xurado e difusión
- Composto por cinco persoas expertas en comunicación e cultura.
- Seleccionarán os mellores traballos e difundirán os gañadores.
- As mellores pezas non premiadas poderán ser publicadas en acceso aberto na páxina web e redes sociais da entidade.
Resolución e entrega de premios
- Os premios resolveranse nos meses do verán.
- A entrega de galardóns terá lugar en Trasalba (Concello de Amoeiro) antes de finais de 2025.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último
LA REVISTA
The Speedways, de Londres a Ourense
PLANES EN OURENSE
Agenda | ¿Qué hacer en Ourense hoy, viernes 18 de septiembre?