GUERRA POLÍTICA LOCAL
Taboadela y Barbadás chocan tras un obradoiro frustrado
A coral “Os soñadores” cítase cada luns pola tarde nunha das aulas do centro sociocomunitario da rúa do Concello. O grupo está formado por unha trintena de cantantes, a maioría deles, xa xubilados, dirixidos por Tony Pérez, de Los Arquinos. “Esta coral vén xa do ano 80, gañou un primeiro premio a nivel nacional”, recorda Pérez.
Tralo parón provocado pola pandemia, hai un ano que “Os soñadores” volveron á actividade, aínda que nun tamaño máis reducido -no pasado chegaron a ser máis de 50 integrantes-. “Neste ano tivemos concertos no Ponte Vella, en auditorios, nas residencias da terceira idade…”, sinala o director. O repertorio é variado: dende temas galegos ou panxoliñas ata “Va, pensiero” do Nabucco de Verdi. “Onde actúa este coro, normalmente, vólvennos chamar. A xente ve ese bo facer, as cancións están moi ben logradas”, resalta Pérez. Nesa liña, pon en valor a responsabilidade coa que ensaian e actuan os “soñadores”: “Para faltar a un ensaio tráenche un parte de baixa ou chámante, aínda que non sexa necesario. Tómano moi en serio, preocúpanse de preparar as cancións e o repertorio queda fermoso. Teñen un amor pola música moi grande”.
Ese amor amosarano mañá, na igrexa de San Francisco da cidade, a partir das 19,00 horas. A actuación é unha homenaxe a Santa Cecilia, patroa da música. “Primeiro o coro cantará na parte litúrxica e, ao rematar a misa, cantará seis ou sete cancións”, explica Pérez, que anima á poboación a acercarse á igrexa. “Antes, polo día da Música, xuntabámonos na cidade os grupos, as orquestas, os músicos... pero a tradición foise perdendo”, engade. De feito, a súa orquestra, Los Arquinos, volverá á actividade no 2024: “A música ten que volver, é unha actividade boa que fai falla nos tempos que vivimos”.
A coral está formada, na súa maioría, por persoas de mediana idade, aínda que tamén hai dous coristas máis novos. “Agora estamos facendo probas porque queremos incorporar máis voces masculinas, pero tamén aceptamos mulleres”, asegura Pérez.
José Rodríguez, “Pepe”, e Manuel Varela son dous dos integrantes máis veteranos. “Eu levo aquí 13 anos”, sinala Pepe. No seu caso, chegou á canción a través da pandeireta: “Eu antes non sabía cantar, pero púxenme a tocar a pandeireta e aí tes que cantar, así que por aí comecei”. Varela, pola súa parte, uniuse aos “soñadores” dous anos despois de iniciarse nas corais: “Quería buscar unha actividade ao xubilarme e gustábame cantar”. María Jesús Vázquez, outra das coristas, fala da unión do grupo: “Somos coma unha familia”. Ela tamén chegou despois da xubilación, pero antes formouse en linguaxe musical: “Estiven dous anos aprendendo e tocando un pouco o piano, axuda moito”.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
GUERRA POLÍTICA LOCAL
Taboadela y Barbadás chocan tras un obradoiro frustrado
ROBOS DE COBRE
A la caza del “oro rojo” en Ourense
PUNTOS CRUCIALES
Imágenes aéreas | Un recorrido aún sobre plano
Lo último
ORÁCULO DAS BURGAS
Horóscopo del día: domingo, 22 de marzo
BORRASCA THERESE
Ourense registra este domingo la temperatura máxima de España