OPERACIÓNES DE HASTA 30.000 EUROS
A juicio en Ourense acusados de vender coches de procedencia ilícita
A coral De Ruada inicia mañá unha viaxe a México para participar nun programa de actividades e concertos que se realiza por diversas localizacións de Puebla. Esta viaxe está enmarcada nun convite por parte do Patronato del Parque Plaza España de Puebla. O día 7 de marzo, os membros da coral iniciarán o regreso e teñen programado chegar a Ourense o día 8 pola mañá.
O programa de concertos dá comezo o día 2 de marzo. A coral De Ruada actuará no Museo Barrroco Internacional de Puebla nun concerto organizado pola súa directora, Anel Nochebuena Escobar. Ao día seguinte, a agrupación musical ten previsto a súa participación, xunto coa comunidade galega de México, nos actos que o Patronato del Parque Plaza España de Puebla organiza na honra do beato Sebastián de Aparicio. A agrupación ourensá cantará a misa no templo de San Francisco e participará na romaría que celebrará o día 4 de marzo. Aquí realizarán un concerto na igrexa parroquial de Santa Clara de Asís, situada no casco histórico de Puebla, organizado por Manuel Domínguez Gabián, empresario hoteleiro, coa colaboración do Concello do lugar. Finalmente, o día 5 de marzo, a agrupación coral realizará unha xornada de convivencia coa Coral Normalista de Puebla.
A coral De Ruada non é a primeira vez que visita estas localizacións xa que foi en 1931 cando realizaron a primeira incursión. Nese ano percorreron Arxentina, Uruguai e Brasil. Ao ano seguinte, visitaron Venezuela e en 1986 volveron a Arxentina e Uruguai de novo. En 1934, un grupo de ruadistas encabezados polo gaiteiro e cofundador da agrupación Virxilio Fernández viaxaron aos Estados Unidos de América.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
OPERACIÓNES DE HASTA 30.000 EUROS
A juicio en Ourense acusados de vender coches de procedencia ilícita
ASESORAMIENTO EMPRESARIAL
El programa Conecta Ourense de la CEO prestó apoyo a 1.300 empresas
9LOUREO, MODELO Y CAPROS
Xoel López, entre las nuevas confirmaciones del Ouren Sound Fest 2027
Lo último
Lalo Pavón
O AFIADOR
O poder da esmola
PORTADA DE LA REVISTA
Castaña y patata, los cultivos ourensanos del otoño