GUERRA POLÍTICA LOCAL
Taboadela y Barbadás chocan tras un obradoiro frustrado
EXPOSICIÓN
Unha exposición de máquinas de coser antigas terá lugar en A Costa, un pobo de Maceda, o vindeiro 29 de xuño pola tarde.
Jesús Carrera, veciño de A Costa e nado en Baños de Molgas, é o responsable desta exposición que terá lugar na súa casa. “Empecei a recuperar máquinas vellas de coser ata o día de hoxe. Vou facer un pequeno museo aquí no pobo, con entre trinta e corenta máquinas”, explica.
Jesús traballa só e pasa as horas no seu taller despezando máquinas antigas para volver a montalas, comprendendo a funcionalidade de cada unha das micropezas que as integran. Afirma que algunhas nin sequera existen xa e el mesmo remátaas.
Algunhas máquinas que está reparando agora son de coñecidos, outras atópaas el mesmo buscando en Internet ou nos despezamentos de coches. Son para a súa colección persoal. Carreras converte calquera estrutura oxidada e descomposta nunha máquina de coser totalmente nova.
Este arte vén de familia. Jesús fundou, xunto os seus irmáns, a Olería do Botán, e é fillo do oleiro Manuel Carrera. Dende rodas de afiador ata reloxos. O traballo en madeira tamén engancha a Carrera, quen incluso conta cun segundo obradoiro para traballar dende cero con iste material e elaborar pezas únicas.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
GUERRA POLÍTICA LOCAL
Taboadela y Barbadás chocan tras un obradoiro frustrado
ROBOS DE COBRE
A la caza del “oro rojo” en Ourense
PUNTOS CRUCIALES
Imágenes aéreas | Un recorrido aún sobre plano
Lo último
DENUNCIAS DE LOS LECTORES
Cronista local | Las denuncias de los vecinos de Ourense hoy, viernes, 20 de marzo