EL PEOR ENERO EN UNA DÉCADA
El fin de la Navidad y el clima dejan el peor enero de la década para el empleo en Ourense
Entrevista
Cristóbal Medeiros vén de ser elixido secretario comarcal da UGT Ourense-Valdeorras-Verín , converténdose así nun dos líderes máis xóvenes do sindicalismo. Este ano cumpre 35, aínda que a súa experiencia sindical vén de lonxe. Leva case 15 anos traballando como bombeiro forestal na Brigada de refuerzo de incendios forestales (BRIF) de Laza. É fillo da emigración –naceu en Cataluña–e herdeiro da precariedade da súa xeración.
¿Como foron os inicios?
Entrei na BRIF de Laza en 2006. Primeiro tres meses, polo verán. Tiven a sorte de que me volvesen chamar e xa non saín de alí. Era un traballo precario, todos eramos eventuais e non había nin delegado sindical. Entre as 10 bases de España montamos a ATBRIF, unha asociación, na que tiña claro que quería entrar para loitar por un traballo digno, sendo secretario desde 2007 a 2015, e na que conseguimos que nos fixeran fixos. Despois pasei a ser presidente do comité de empresa en Laza e delegado de persoal na empresa nivel galego, e agora a nivel estatal. Se miro para atrás, comecei en 2006 traballando tres meses, e 15 anos despois traballamos de forma estable e fixa. Iso dá satisfacción.
Por que dá este paso?
É un paso máis. A idea é que se vexa que ao cargo do sindicato hai un traballador. Quero que se vexa que o sindicato se achega aos traballadores. Eu son un máis, non son ningúen institucional nin politizado. Son un traballador, un bombeiro forestal sen máis. Hoxe pilládesme traballando.
Dá a sensación de que os sindicatos están un pouco afastados da xente nova, non si?
Estamos na época do Whatsapp, as redes sociais e hai que darlle unha volta. Sen perder a esencia do sindicalismo de toda a vida. O sindicalismo faise na rúa e no campo, non se fai entre catro paredes. Non pintas nada encerrado nun sitio. Se queres defender os traballadores tes que estar con eles, non nun sillón.
Se en 2006 atopar traballo xa era unha odisea, hoxe...
Estamos nunha situación moi complicada. Inda indo ben, Ourense está á cola. Cando saiamos desta e veñan os fondos europeos haberá que intentar que se aproveiten ben e non sexan pan para hoxe e fame para mañá, como pasou outras veces. Precisamos crear emprego que non sexa precario. Hai que quitar a reforma laboral. Sen meterse en charcos. Como fixemos nós nas BRIF. Se miro 15 anos atrás, vexo unha clara melloría. Quero que pase algo parecido en Ourense.
Está apagado o sindicalismo?
Está un pouco apagado porque queren que esteamos apagados. Houbo moita persecución. Claro que se cometeron erros, pero desde moitos sectores atacouse moito o movemento sindical, quizais para facer dano.
Por que tantos traballadores lle dan a espalda aos sindicatos?
Se vas facendo un traballo bo e acercas o sindicatos aos traballadores, e eles ven que estás aí, os traballadores van vir. No mundo que eu coñezo non vou detrás de ninguén para que se afilie. Intento defender a xustiza laboral e social e son eles os que se dan conta e eles mesmos mo piden. O sindicato ofrece moitas prestacións.
Que relación quere ter con outros sindicatos?
Vou poñen total predisposición, só faltaría que entre nós nos pelexasemos. Buscarei a unidade sindical, por suposto.
Tamén cos empresarios?
Falando enténdese a xente. Se chego a acordos, ten que ser coa patronal. Só tes problema, así, entre comillas, co "inimigo". Eu cos amigos non teño ningún problema. E hai que negociar e chegar a bos acordos. Enrocarse non é avanzar.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
EL PEOR ENERO EN UNA DÉCADA
El fin de la Navidad y el clima dejan el peor enero de la década para el empleo en Ourense
DÍA CONTRA EL CÁNCER
La Unidad del Dolor del CHUO atiende 300 enfermos de cáncer al año
SIETE DÍAS EN LA AUTOVÍA
Nuevo corte de la tractorada en la N-525, mientras sigue el de la A-52
Lo último
Fernando Lusson
VÍA DE SERVICIO
¿Por qué no te callas, Elon Musk?
La Región
CARTAS AL DIRECTOR
La creatividad y la política
Pilar Falcón
DÍAS Y COPLAS
Febrero, el coreógrafo breve