MOVILIDAD VERANO
Un coche todo el verano por 16.32 euros, entregado en tu puerta
VIOLENCIA ESCOLAR
Un total de 18 profesores recibiron atención psicolóxica durante o curso 2014-2015 na sede do sindicato de profesores ANPE en Ourense, sito na rúa do Progreso. Estos datos foron facilitados onte polo equipo directivo do Defensor do Profesor, unha figura que naceu no ano 2005 como unha medida de apoio ante a indefensión do profesorado. "En Educación Primaria, atendemos a seis mestres que recibiron por parte dos alumnos agresións físicas como empuxóns así como insultos e burlas", explicou Elena Orbán, psicopedagoga do sindicato. A entidade atendeu tamén a mestres de centros de Pontevedra. "A maioría son profesores de Ourense pero que traballan en Tui o na Cañiza polo que incluso foron atendidos durante os fins de semana", dixo. Os danos ocasionados son "irreversibles" chegando moitos profesores a pedir cambios de colexio ou a xubilación anticipada. "Temos un caso dunha profesora de FP que deixará a docencia para adicarse a enxeñería", explicou Orbán.
O presidente deste sindicato de profesores, José Manuel Fernández, deu tamén a coñecer os resultados do primeiro estudo galego sobre a "Violencia escolar na Educación Secundaria da provincia de Ourense dende o punto de vista do alumnado". Para a súa elaboración empregouse unha mostra de 1. 270 estudantes. "Moitos dos problemas teñen a súa orixe en familias destruturadas pero, en xeral, podemos dicir que existe unha boa saúde na convivencia nos nosos centros", explicou . Non obstante, recomenda seguir formando aos profesores co obxectivo de previr este tipo de situacións.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
MOVILIDAD VERANO
Un coche todo el verano por 16.32 euros, entregado en tu puerta
CONATO EXTINGUIDO
Vídeo | Se desata un incendio forestal en una cantera de Untes
Lo último
FÚTBOL SALA
El Ontime, de vuelta en cancha
MÁS DE 80.000 EUROS
El Concello de Verín, sancionado por vertidos sin depurar al río Támega
Eduardo Medrano
TAL DÍA COMO HOY
Dom Pérignon
DEBERÍA ESTAR LISTO EN 2029
Luz verde al nuevo acceso al CHUO desde la N-565