EL PEOR ENERO EN UNA DÉCADA
El fin de la Navidad y el clima dejan el peor enero de la década para el empleo en Ourense
Investigadores do campus de Ourense, ligados á Escola de Enxeñaría Aeronáutica e do Espazo, realizaron un estudo de viabilidade dunha misión ao planeta Marte usando propulsión solar eléctrica, en contraposición coa propulsión química, que é o método empregado tradicionalmente no espazo. Nel demostran a súa superioridade e presentan un deseño preliminar completo dun satélite con este sistema eléctrico.
O traballo foi publicado recentemente na revista Acta Astronautica nun artigo titulado “Feasibility study of a solar electric propulsion mission to Mars” e está asinado por Marco Casanova, Fermín Navarro e Daniele Tommasini (egresado e profesores respectivamente da Escola de Enxeñaría Aeronáutica e do Espazo). A iniciativa, apuntan os seus responsables, é froito dunha colaboración entre dous centros de investigación da UVigo, como son o atlanTTic (Centro de Investigación en Tecnoloxías de Telecomunicación), do que Fermín Navarro é parte, e o recentemente creado IFCAE (Instituto de Física e Ciencias Aeroespaciais), do que tanto por Marco Casanova como Daniele Tommasini son membros.
Segundo Casanova, “a nosa colaboración remóntase a varios anos atrás, cando presentei con ambos profesores un estudo sobre unha misión a Xúpiter empregando un novo sistema de propulsión baseado en forzas electrodinámicas. Desde entón traballamos en diversos proxectos, como estudos de defensa planetaria para modificar órbitas de asteroides con probabilidade de impacto coa terra”. O artigo é parte da súa investigación como estudante de doutoramento do Programa de Tecnoloxía Aeroespacial da UVigo, que realiza mentres traballa para a Axencia Espacial Europea como responsable do computador de a bordo (data handling SOE) para a misión EarthCare, que está previsto lanzar en maio.
Os autores do estudo explican que en contraposición coa propulsión química, método de propulsión usado tradicionalmente no espazo e no que nunha cámara de combustión quéimase un combustible en presenza dun carburante, a propulsión eléctrica emprega o impulso que xera a aceleración de electróns que se exectan ao ionizar un gas nobre. Esta tecnoloxía, detallan, xera unha forza moito máis pequena, pero consome propulsante a unha velocidade moito menor, o cal restrinxe o seu uso a arcos de tempo amplos, mentres que a propulsión química úsase en manobras puntuais nas que se confire moita máis forza nun instante. “Nos últimos anos hai un crecente interese en misións á lúa e Marte e é cada vez máis importante facer un uso sostible e óptimo do combustible. É por iso que é relevante tentar mellorar este tipo de misións”, afirman. Esta tecnoloxía, “en auxe en satélites comerciais de observación terrestre e para satélites xeoestacionarios, empeza a ser determinante en misións interplanetarias xa que abre a porta a tipos de traxectorias imposibles con propulsión química”.
Os investigadores compararon as masas que se necesitarían “para levar a cabo unha misión científica a unha órbita polar ao redor de Marte a tan só 300 quilómetros de altura usando un sistema químico e un eléctrico”. Unha vez “demostrada a superioridade do sistema eléctrico”, o estudo presenta un deseño preliminar completo dun satélite de propulsión eléctrica capaz de levar a cabo a misión, presentando os requisitos de potencia, masa ou equipamento necesarios. “Este concepto de misión pode servir de base para futuras misións”, afirman os autores do traballo.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
EL PEOR ENERO EN UNA DÉCADA
El fin de la Navidad y el clima dejan el peor enero de la década para el empleo en Ourense
DÍA CONTRA EL CÁNCER
La Unidad del Dolor del Hospital de Ourense atiende 300 casos oncológicos al año
SIETE DÍAS EN LA AUTOVÍA
Nuevo corte de la tractorada en la N-525, mientras sigue el de la A-52
Lo último
ACCIDENTE LABORAL MORTAL
Muere un hombre por una posible intoxicación de monóxido de carbono al revisar un generador
DEFICIENCIAS EN LA SEGURIDAD
Primor cierra temporalmente en la rúa do Paseo en Ourense por incumplir la normativa de incendios