ASAMBLEA EMPRESARIOS DEL POLÍGONO
Los empresarios del Polígono exigen la terminal ferroviaria
OURENSE
A Deputación de Ourense foi elixida pola Axencia Española de Cooperación Internacional para o Desenvolvemento para participar nun proxecto internacional que ten como obxectivo a recuperación de "Intramuros", o distrito amurallado máis antigo de Manila, capital de Filipinas, construída polos españois no século XVI.
A arquitecta da Deputación de Ourense Eva Reza, especialista en Urbanismo, foi a técnica designada para formar parte da comisión solicitada pola administración de Intramuros para estudar e planificar a mellor estratexia de recuperación deste ámbito.
Segundo a técnica, esta comisión levará a cabo traballos de avaliación do grao de deterioración da cidade vella, planificará actuacións de rehabilitación e de mellora da mobilidade e buscará un espazo urbano de calidade que permita tamén a promoción da actividade económica.
A Deputación de Ourense atribúe esta colaboración ao papel que desenvolve a institución provincial na "defensa e protección da conservación do patrimonio cultural" ourensano, unido á propia "traxectoria profesional" de Eva Reza.
O pasado mes de xaneiro, a comisión para o proxecto "Intramuros" reuniuse en Manila para analizar sobre o terreo o grao de degradación da cidade vella e definir a estratexia de intervención para a rehabilitación integral deste contorno urbanístico.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
ASAMBLEA EMPRESARIOS DEL POLÍGONO
Los empresarios del Polígono exigen la terminal ferroviaria
152 DESALOJOS EN 2025
Los desahucios en Ourense, en máximos desde la pandemia: uno cada dos días y medio
Lo último
CON RESPALDO PARA AVANZAR
Luz verde a los nuevos parques eólicos de Coto da Mina y Treboada, en Ourense y Lugo
RIOS DESBORADADOS Y CALLES ANEGADAS
Galería | Así queda la comarca de Valdeorras tras los desbordamiento de algunos de sus ríos, en fotos