UNA VIDA DE COLECCIÓN (XXIII)
Galería | Colección de novios para una solterona
ARTES PLÁSTICAS
Ana Pavón Porras (Coín-Malaga, 1996) resultou gañadora da XVIII edición do Certame de Artes Plásticas da Deputación de Ourense para novos valores. O premio foille outorgado por unha pintura de gran formato titulada “Gineceo II” e na que a autora alude ao espazo do fogar que na antiga Grecia era reservado exclusivamente para as mulleres e que os homes unicamente podían imaxinar.
A obra, unha pintura de 195 centímetros de ancho por 2 metros de alto, forma parte dunha serie de traballos da artista que, pese á súa xuventude, xa ten realizado exposicións en Beirut, Tokio, Barcelona, Cádiz, Málaga ou Salamanca. Tamén foi bolseira pola Fundación Antonio Gala ou a Xunta de Andalucía. O primeiro premio está dotado con 5.000 euros e a obra premiada pasa a formar parte do patrimonio artístico da Deputación.
O segundo premio desta edición foi para “Pintura pechada III”, de Carlos Fer (Carlos Fernández López), un acrílico sobre lenzo intervido con pasadores e tiradores que tentan substituír ás tradicionais suxeicións dun cadro colgado.
“Crash” é outra obra de gran formato (200 x 200 cm.) da que é autor Julio Catalán Rubinos e que foi galardoada co terceiro premio. Trátase dunha instalación que combina restos de faros traseiros de coche e aramios dispostos sobre a parede para construír una composición que se sitúa entre o accidente e a reconstrución.
O certame inclúe dous accésits para a obra “Hybrid Plant” de Antía Iglesias e “Las partes en las que tengo que plegar un rascacielos” de Mar Soriano.
O xurado desta edición estivo integrado por Xosé Manuel Buxán Bran, decano da Facultade de Belas Artes de Pontevedra (Uvigo); Santiago Olmo, director do Centro Galego de Arte Contemporánea (CEGAC); Rosendo Cid, artista e comisario de exposicións; Eva Torres, directora dos espazos expositivos do Concello de Ourense, e Angel Cerviño, artista, escritor e comisario de exposicións. O director do Centro Cultural Marcos Valcárcel, Francisco González, exerceu de secretario.
Ademais dos premios, o certame inclúe tamén unha exposición con 26 traballos seleccionados entre os presentados e a edición dun catálogo, que verán a luz no vindeiro mes de setembro.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
UNA VIDA DE COLECCIÓN (XXIII)
Galería | Colección de novios para una solterona
CONFLICTO MUNICIPAL
Valcárcel exhibe los recibos que “muestran la negligencia” de Vila
Lo último
ACCIDENTE MORTAL
Muere un motorista de 48 años en una salida de vía en Riós
CUIDADO DE LA IMAGEN PERSONAL
Ourense recibe la esencia y cuidados de la estética parisina en Maison Rose Luxe