BUM DE JUBILACIONES
La mitad de vacantes por jubilación en Ourense no tendrán repuesto juvenil
Os mellores petiscos teñen premio en Barbadás. O concurso Barbadás a Bocados, que contou coa participación dunha vintena de establecementos hostaleiros, serviu 10.000 pinchos na terceira fin de semana de setembro, coroando á Cova do Savio e a Wakanda nas dúas modalidades que se celebraban.
Así, o primeiro premio do xurado popular foi para A Cova do Savio co pincho “Aine” e o segundo para Wakanda coa proposta “M’Baku”. Este último local tamén resultou gañador do primeiro galardón do xurado profesional, mentres que o segundo recaeu no Bar dos Patos co seu “Taco de orella”. Os premiados desfrutarán dunha fin de semana nun hotel da cadea OCA no Porto e os primeiros de cada categoría tamén recibiron un xamón de Coren. Ademais, entre todos os locais participantes repartíronse lotes do Consello Regulador da DO Ribeiro e da cervexa Esmorga.
Os comensais do xurado popular que votaron para elixir os mellores petiscos do concello participaron nun sorteo que repartiu 6 cheques de 50 euros para mercar no comercio local e algúns deles xa recolleron o seu premio no acto desta mañá.
O alcalde, Xosé Carlos Valcárcel, agradeceu a participación dos hostaleiros e dos comensais e asegurou que o concurso Barbadás a Bocados é unha gran aposta do Concello para dar a coñecer o sector: “Repartíronse pinchos e tamén ilusión, porque se recoñece o gran traballo dos nosos establecementos”. Na mesma liña, a concelleira de Comercio, Marga Pérez, asegurou que a valoración desta edición de Barbadás a Bocados foi “moi positiva” e destacou a gran afluencia que se rexistrou nos establecementos hostaleiros participantes, tamén de veciños e veciñas doutros concellos.
Constantino Iglesias, hostaleiro que interveu en nome do xurado profesional, agradeceu ao Concello a organización deste evento “que recoñece o traballo dos hostaleiros” e asegurou que para elixir aos premiados valorouse a presentación, sabor, aroma, dificultade, materia prima e punto de cocción. Insistiu tamén en que “os profesionais debemos aproveitar estas oportunidades para dar a coñecer o noso negocio”.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
BUM DE JUBILACIONES
La mitad de vacantes por jubilación en Ourense no tendrán repuesto juvenil
PERSONAJES DE LA EMIGRACIÓN ESPAÑOLA EN FRANCIA
Antonio Rodríguez Castiñeira: “Soy español, soy gallego y soy emigrante”
RÉCORD DE TRABAJADORES
Los extranjeros asumen dos de cada tres nuevos empleos en Ourense
Lo último