PREMIO OURENSANÍA 2026
La Coral De Ruada recibe el Premio Ourensanía 2026 por unanimidad
LITERATURA
O escritor porriñés Diego Giráldez García resultou gañador do XLIII Premio de Novela Eduardo Blanco Amor polo seu traballo “As obras póstumas”. Así o acordou o xurado deste certame, reunido no Centro Cultural Marcos Valcárcel, que escolleu a obra gañadora por maioría de entre un total de 49 orixinais presentados a esta edición, máis do dobre das obras recibidas na pasada convocatoria (21). Organizado pola Fundación Eduardo Blanco Amor coa colaboración da Deputación de Ourense, o premio está dotado con 15.000 euros e unha peza artística do escultor Acisclo Manzano.
No seu fallo, o xurado destaca o estilo “directo, rico e cargado de simbolismo” que caracteriza a obra premiada, na que se aborda a historia dunha escritora que ante a diagnose de demencia reflexiona sobre a vida e sobre o seu traballo.
A prosa elaborada de Giráldez, engade o xurado, crea unha “atmosfera estremecedora sobre o tempo e a memoria e amosa a realidade crúa sobre o tratamento da enfermidade psiquiátrica do pasado “sen caer en estereotipos”.
Unha vez concluída a reunión do xurado, o presidente da Deputación de Ourense, Luis Menor, comunicou por vía telefónica ao escritor a concesión deste galardón pola obra que presentou ao certame baixo o lema “Contra o peito”.
O xurado, que destacou a calidade literaria dos traballos presentados e o crecemento da participación neste premio, estivo presidido por Luis González Tosar, en representación da Fundación Blanco Amor, e integrado polo crítico literario Xosé Manuel Eyré; o xornalista e escritor Fran Fernández Dávila, e a tradutora Inés Mosquera, actuando como secretaria Inmaculada Otero Varela, filóloga e ensaísta galega.
O Premio Eduardo Blanco-Amor é o galardón máis veterano e de maior prestixio da novela en lingua galega e leva implícita a publicación da obra por unha editorial escollida polo gañador. A entrega desta distinción celebrarase o vindeiro 13 de decembro durante un acto literario previsto para as 20,00 horas no Liceo de Ourense.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
PREMIO OURENSANÍA 2026
La Coral De Ruada recibe el Premio Ourensanía 2026 por unanimidad
CENSO ELECCIONES GENERALES
Galicia aporta 2,7 de los 38,7 millones de electores totales de España
CENSO ELECCIONES GENERALES
Ourense encara el 29-N con récord de voto exterior y la juventud en mínimos
RENOVACIÓN EN EL DEPORTE
Luz verde para los campos de fútbol de Esgos y Pereiro
Lo último
Emilio R. Portabales
TRIBUNA
Homenaxe ao Plus Ultra en Ourense, 1926
Pilar Falcón
DÍAS Y COPLAS
Gritos de campaña