IMPUESTOS SOBRE VIVIENDA
El bum inmobiliario en Ourense deja tras de sí una recaudación récord de impuestos
ESCRITURA
Aínda tratando de asimilar a noticia, Diego Giráldez xa puido festexar xunto a súa familia o premio Blanco-Amor. O escritor asegura sentirse afortunado de ter gañado este recoñecido galardón. Valora que sexa na primeira vez que participaba no certame e precisamente con “As obras póstumas”, unha historia moi especial para el.
Que supón para vostede conseguir este galardón?
Sei ben o prestixio que ten este premio, pero sobre todo fíxome moita ilusión que fose precisamente con esta novela. Creo que é o mellor traballo que fixen nunca. É unha obra que me saíu do corazón. Cando me chamaron para comunicarmo, estaba nun restaurante comendo coa miña familia e emocioneime moitísimo. Tanto que a camareira achegouse a preguntar se tiña algún problema. Foi moi emocionante.
Fálenos da historia de “As obras póstumas”…
Nesta novela conto a historia de Pilar Fonte, unha escritora moi recoñecida que prepara a súa obra póstuma como un encargo do seu editor, cando entra nun proceso dexenerativo moi acelerado. Nesa obra vai debullando algúnhas pasaxes da súa vida e, sobre todo, unha relación moi interesante co sanatorio mental San Simeón, que está ubicado xusto diante da súa casa.
Cal é o motivo que fai que sexa tan especial para vostede?
É unha obra na que empreguei moito o corazón. A medida que ía avanzando vía todo o tempo a miña avoa, Maruja, que pasou por un proceso dexenerativo de párkinson e alzhéimer durísimo. Está dedicada a miña avoa. Ademais, nunca escribira dende o punto de vista dunha persoa de 80 anos. Con esta novela considero que fago un guiño á xente maior, que moi poucas veces é protagonista de libros. Está escrita en primeira persoa, metinme na súa pel.
Este premio leva implícito a publicación da obra por unha editorial escollida polo gañador, xa sabe con cal será?
Non o teño decidido aínda, pero non vou negar que recibín moitas mensaxes. Teño a novela no caixón e estoulle facendo unha última revisión pequeniña. A novela está rematada, pero ata que non se publique sempre lle das pequenas voltas. Teño dende agora un máximo de seis meses para publicala.
Este ano houbo máis do dobre de participantes no certame, considera que isto reflicte un pulo da literatura galega?
Hai moitísima xente escribindo e iso está moi ben. Dende a pandemia nótase moitísimo na cantidade de manuscritos que se reciben nos premios. É incríble que o Blanco-Amor tivese este ano máis de 40 manuscritos. Logo, evidentemente, haberá cousas de máis ou menos calidade, pero é subxectivo. Estou moi contento de que estean aparecendo autores e autoras que a min, persoalmente, me están sorprendendo dun xeito brutal.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
IMPUESTOS SOBRE VIVIENDA
El bum inmobiliario en Ourense deja tras de sí una recaudación récord de impuestos
ESPIRAL INFLACIONISTA
Ourense, entre las provincias más castigadas por la inflación
VUELCO EN EL SECTOR PÚBLICO
Más de 3.600 trabajadores públicos de Ourense, en vilo por su puesto
Lo último
IRPF ZONAS DESPOBLADAS
La deducción por residencia en zonas rurales que puedes aplicar en concellos de Ourense