Apoio da Deputación ao documental sobre a Raia
Cultura
A "road movie", que aborda o vínculo entre Galicia e Portugal, estreouse onte
A Deputación colabora co proxecto audiovisual titulado “7 días na Raia”, un documental de Nós TV realizado a modo de "road movie" no que se abordan os vínculos lingüísticos, culturais, sociais e históricos entre os territorios e xentes de un e outro lado da fronteira entre Galicia e Portugal, con paradas en numerosos puntos da provincia de Ourense como son Moimenta, Portocamba, Feces de Abaixo e Mandín, Santiago de Rubiás, Terrachán, Olelas ou Aceredo, entre outros.
En palabras do presidente da Deputación, “Ourense, que conta coa maior extensión de fronteira entre España e Portugal, ten unha riqueza etnográfica, cultural e histórica que merece ser difundida, e este traballo documental amosa algúns dos aspectos máis destacados da singularidade e identidade do noso pobo”, afirmou ao respecto Manuel Baltar.
O documental, estreado onte, emitirase de forma íntegra na canle de Nós TV, no 119 de R, e tamén se publicitará a través das redes sociais do medio de comunicación. Os vínculos lingüísticos, históricos, sociais e culturais dos lugares e persoas que viven a un e outro lado da fronteira entre Galicia e Portugal marcan o desenvolvemento deste traballo audiovisual. Segundo os autores do documental, comprobarémolo a través das viaxes realizadas en coche ao longo dunha semana, inmortalizadas grazas ás cámaras.
Riqueza patrimonial
A través do percorrido, os espectadores coñecerán os nexos entre as dúas realidades a ambos lados da raia, e o resultado é un documental en forma de "road trip" que vai parando en numerosas localidades, de oriente a occidente, para falar con diferentes persoas de cada unha delas e poñer en valor os costumes e a riqueza patrimonial e cultural propia desta área, sinalan desde a produtora.
O documental, realizado por Xarda Cooperativa Galega para Nós Televisión, conta co apoio da Deputación, a Eurocidade Chaves-Verín, os concellos de Hermisende, Entrimo, Tomiño, Tui e a Cámara Municipal de Montalegre.
Casa da lusofonía
A Deputación, seguindo unha liña estratéxica de apoio á identidade cultural, asinou en marzo pasado co secretario xeral da Associaçao Impulsora da Casa da Lusofonía, Xosé Carlos Morell, un convenio de colaboración que permitirá instalar en Ourense a “Casa da Lusofonía”, dentro da rede de instalacións destas características que posúe o Ministerio de Asuntos Exteriores e a Unión Europea.
Baltar cualificou este fito como un “gran acordo a prol do noso, tendo en conta a fonda vinculación de Ourense co mundo da lusofonía e, por suposto, a lingua galega, o maior tesouro de Galicia, como sinala o noso Estatuto de Autonomía”. O presidente da Deputación xa valorara nos últimos meses como este proxecto "fala de cooperación, de entidade e de estratexia xeopolítica", máis aló cando "o portugués é idioma de traballo de vinte organizacións internacionais".
A Casa da Lusofonía pretende artellarse tendo en conta precedentes como a Casa de América en Madrid, a Casa Asia en Barcelona, a Casa África en As Palmas ou a Casa Árabe en Córdoba.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último
Luís Celeiro
TÍA MANUELA
Fillos da máquina
Jenaro Castro
MORRIÑA.COM
La princesa ilustrada
LOS TITULARES DE HOY
La portada de La Región de este miércoles, 6 de mayo
DERROTA 1-0
El Atlético dice adiós sin coraje en semifinales