MOVILIDAD VERANO
Un coche todo el verano por 16.32 euros, entregado en tu puerta
EDUCACIÓN
A Universidade de Vigo porá nas próximas semanas fin a unha etapa de oito anos con Salustiano Mato como rector e todos os ollos da comunidade universitaria poñen xa os seus ollos no 23 de abril, data na que se celebrarán os comicios para escoller o novo máximo responsable da institución, un cargo ó que por agora optan dúas candidaturas, a diferenza do que sucedeu en 2014, cando só Mato concurriu ó proceso electoral. Veranse nas urnas, curiosamente, dous biólogos.
O primeiro en dar o paso foi o profesor e investigador Manuel "Pachi" Reigosa, ó fronte do proxecto H2040, que actuou como principal oposición do actual grupo de goberno durante os últimos anos e que está ligado á institución desde antes da súa creación, moi activo en cuestións organizativas e tarefas de política universitaria.
Por outra banda, á cabeza da iniciativa "Ideas que suman" sitúase o director do Campus de Mar de Vigo, Emilio Fernández, que dá o paso tras aglutinar no seu colectivo a tres antigos reitores como son José Antonio Rodríguez, Domingo Docampo e Alberto Gago, e a representantes doutros grupos que actuaron como oposición dos últimos gobernos. Apela, por tanto, a integración e a un proxecto de suma.
Entre os retos que lle esperan ó vencedor do proceso (ó que todavía poderían concurrir máis aspirantes, xa que o prazo para postularse péchase o próximo xoves), moitos chegarán desde Ourense, que espera polo pulo definitivo á especialización do Campus da Mar, pendente de que se complete a súa dotación do novo edificio construido para que estea operativo o vindeiro curso, xa que debe ser un empuxe moi importante para a investigación.
Non menos importante será o trato á titulación "estrela" do Campus, Enxeñería Aeroespacial, na que xurdiron varios problemas nos últimos meses relacionados coa docencia, ó non dispoñer de profesores especialistas en certas materias.
Tanto Reigosa como Fernández destacan a boa saúde do Campus ourensán e comprométense a seguir empuxándoo, destacando neste sentido o traballo realizado polo vicerrector Virxilio Rodríguez, ó que se puido ver na presentación de Emilio Fernández, brindándolle o seu apoio neste proceso electoral.
Censo
Un total de 20.269 membros da Universidade de Vigo poderán exercer o seu dereito ó voto, tal e como reflexa o censo definitivo aprobado esta mesma semana, que especifica que case 18.000 son estudantes. O resto son 939 profesores doctor con vinculación permanente, 713 docentes e persoal investigador sen vinculación permanente e 768 integrantes do persoal de administración e servizos.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
MOVILIDAD VERANO
Un coche todo el verano por 16.32 euros, entregado en tu puerta
CONATO EXTINGUIDO
Vídeo | Se desata un incendio forestal en una cantera de Untes
Lo último
ARCHIVO SIN PREJUICIO PATRIMONIAL
Cuentas archiva la denuncia del PSOE por la gestión de la Sanidad madrileña
SE ENCARECIÓ 77 PUNTOS
El Banco de España confirma el cierre del euríbor en el mes de julio en el 2,855%
TURISMO EXTRANJERO AL ALZA
Gráfico | España atrajo hasta junio a casi 46,6 millones de turistas