ACUERDO TRAS 22 DÍAS
La huelga de Atención Primaria deja en Ourense 2.850 consultas retrasadas
Elena Rivo, Conselleira de Promoción de Emprego e Igualdade presentou na CEO as liñas estratéxicas e os orzamentos deste departamento para 2024: "A Xunta acaba de aprobar o orzamento máis elevado da historia sen endebedamento". A Consellería recibe un 2% máis superando os 500 millóns de euros.
Os Fondos Europeos reducíronse pero a Consellería conpensounos con fondos propios. Para o período 22-24 xa se executaron máis do 76% de Fondos de Recuperación e Resiliencia.
En materia de igualdade Rivo sinalou que van "traballar moito en materia de violencia de xénero focalizando nas vítimas". Os fondos adicados a combater este tipo de violencias aumentan un 13'65%.
En canto á política de emprego subirase un 21% o presuposto para promocionar o emprego autónomo, que representa un 20% da poboación activa, desta cifra o 40% son mulleres. Consolidaranse os programas para mellora da integración laboral da xente nova: "Seguiremos traballando para incorporar a persoas con discapacidade, mulleres vítimas de violencia e maiores de 45 anos".
En materia de emprendemento haberá a dispor un orzamento de 28'5 millóns de euros consolidando a rede de Polos de emprendemento, fomentando a muda xeracional e aprobando unha nova Estratexia de Emprendemento Horizonte 2027.
En canto a formación para o emprego o programa estrela é o Retorna Galicia, un dos que máis reclaman tanto os empresarios coma os usuarios potenciais. Tamén aumenta o presuposto desta área ata acadar oe 232'5 millóns de euros.
A Conselleira de Emprego e Igualdade tamén quixo destacar outras actuacións da Xunta en Ourense como a remodelación do CHUO, as sendas peonís, a terminal de autobuses, a xestión de residuos ou a pista cunerta de atletismo.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
ACUERDO TRAS 22 DÍAS
La huelga de Atención Primaria deja en Ourense 2.850 consultas retrasadas
CONSTRUCCIÓN Y REFORMAS
Apertura de un nuevo Obramat y Burger King en Ourense: fechas, ubicación y detalles
RÉCORD HISTÓRICO DE VOLUNTADES
Los testamentos vitales se duplican en Ourense durante el último año hasta superar los 500
Lo último
LOS LIBROS QUE LEO
"Cartas a un joven poeta" para una búsqueda de la paz interior
OBRAS Y SOCAVONES
Ourense, la ciudad de las vallas infinitas