PRECIPITACIONES PERSISTENTES
La lluvia golpea también a la salud de los ourensanos: "Puede agravar problemas como la ansiedad"
“Tranquilidade, alegría e responsabilidade”. Son as tres palabras escollidas por Luis Menor (Pereiro, 1964), licenciado en Dereito e experto en Criminoloxía, sobre o reto que se lle presenta.
Cando aceptou? Incluso, negouse nalgún momento?
Non me podo negar cando a proposta vén avalada nun montón de apoios de alcaldes, portavoces... E Baltar e Rueda estiveron dacordo en que eu era a persoa que tiña maior consenso.
Quen lle di: “Estamos pensando en vostede”? Rueda?
Non. Os primeiros que me dixeron -e esa é a miña satisfación-, que “estamos pensando en ti, por que non das o paso?”, foron moitos alcaldes. Eu dixen que non cría moi ético autopostularme, así que se consideraban que era o axeitado, dacordo.
Falouse estas semanas de discrepancias, afíns e non afíns… Hai dous PPdeOU?
Non. Aquí non houbo esa división, había ao mellor esas lexítimas aspiracións, como ocorre en tódalas provincias. Non hai fraccións.
Facía falta renovación?
Eu non son quen para dicir se cumpría ou non. Creo que os tempos cambian. Desaparece unha figura de primeiro nivel (Baltar) e vén, seguramente, outro estilo novo. Nin mellor nin peor. Evidentemente, é un tempo novo porque somos figuras diferentes, está claro.
Cal é o seu proxecto?
O mandato de Baltar caracterízase por principios que me gustan moito: planificación dos obxectivos prioritarios. A Deputación é un concello de concellos. E logo os retos da provincia: termalismo, AVE, as áreas industriais…
Ten perfilado o seu equipo?
Os 12 nomes están, cada un ten as súas potencialiades. Eu tamén teño a miña idea. Por suposto, pedirei consello á xente que está.
Está preparado para compaxinar este cargo coa alcaldía de Pereiro?
Si. A miña presenza diaria non vai ser tan intensa, non podemos enganar. Pero teño moi claro que a Pereiro non lle vou fallar e moito menos, lóxicamente, á provincia.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
PRECIPITACIONES PERSISTENTES
La lluvia golpea también a la salud de los ourensanos: "Puede agravar problemas como la ansiedad"
NO ES UN HECHO AISLADO
Cae con 80 gramos de cocaína a los 4 días de una condena por drogas en Ourense
Lo último
CIENTOS DE ASISTENTES
La lluvia no frenó las fiestas en San Cibrao de Lás
Manuel Fernández Ordóñez
¿Dónde están los de las gambas?
ENCUESTA EMPRESARIAL
Usar IA para la sostenibilidad, difícil para el 33% de empresas españolas