MÁS VALE PREVENIR QUE APAGAR
Ourense se prepara contra el fuego: un gran simulacro para garantizar una respuesta eficaz
O alumnado de novo ingreso con mellor expediente académico decántase nun ampla maioría por estudar enxeñaría, en calquera das súas múltiples versións ou o Programa de Simultaneidade de Administración e Dirección de Empresas e Dereito. Foi a opción elixida por preto do 70% das 45 alumnas e alumnos de novo ingreso que recibiron o Premio á Excelencia Académica do curso 2015-2016, un galardón que lles chega en forma de iPad e co que a Universidade quere premiar o talento e esforzo que amosaron en toda a súa etapa de ensino secundario.
Recibidos polo reitor, Salustiano Mato, que os animou a levar "con orgullo" o nome da Universidade de Vigo alá onde desenvolvan o seu futuro profesional, e a vicerreitora de Estudantes, Dolores González, e acompañados en moitos casos por docentes dos seus respectivos institutos e mesmo por algúns familiares que non quixeron perderse un intre tan especial, un a un foron recollendo os seus respectivos premios.
"Sodes unha representación do mellor do noso alumnado e de vós esperamos tamén o mellor, que non consiste só en que consigades unhas notas brillantes, como as que xa tendes, senón tamén que sexades exemplo e estímulo para todos nós", subliñoulles a vicerreitora de Estudantes, que fixo tamén fincapé na responsabilidade da propia Universidade para "formarvos axeitadamente e seguir potenciando a vosa capacidade de traballo para que nuns anos sexades vós os líderes e os protagonistas dos cambios que esixe a sociedade".n
Contenido patrocinado
También te puede interesar
MÁS VALE PREVENIR QUE APAGAR
Ourense se prepara contra el fuego: un gran simulacro para garantizar una respuesta eficaz
MÍNIMO HISTÓRICO
Ourense registra su peor arranque de año en natalidad
PROYECTO "CAMINO VERTICAL"
La Diputación pone en valor la Vía de la Plata
Lo último
ORÁCULO DAS BURGAS
Horóscopo del día: sábado, 23 de mayo
LOS TITULARES DE HOY
La portada de La Región de este sábado, 23 de mayo