MOVILIDAD VERANO
Un coche todo el verano por 16.32 euros, entregado en tu puerta
E-SPORTS
O pavillón do colexio Mestre Vide (ao lado da comisaría da Policía Nacional) converterase dende o venres 22 de abril ata o domingo 24 de abril no epicentro internacional dos torneos de eSports da semana das Industrias Culturais e Creativas, Ourense ICC Week, organizada pola Deputación de Ourense.
A estrela desta oitava edición da ICC Week será a celebración do International Top Simracing (ITS ICC Ourense). Este torneo invitacional contará coa participación dos oito mellores pilotos a nivel nacional e internacional e disputaranse catro mangas entre o sábado 23 e o domingo 24, cun único premio de 1.000 euros en xogo. O actual campión do mundo das World Tour Series, o piloto italiano Valerio Gallo, encabeza o cartel de participantes no que tamén están Manuel Rodríguez, A. Inostroza (primeiro por Sudamérica); Nico Romero, Carlos Salazar e Fernando Perpiñán “Perpi”, finalistas das World Tour series, Pol Urra, sexto posto no Campionato de España de Gran Turismo, e o ourensán Manuel Pérez, cuarta praza no Mundial GT Media
Sen esquecer que esta oitava edición da ICC Week ten o seu centro nas iconas, o mestre de cerimonias será Lucas Ordóñez, de nai ourensán, piloto español de automobilismo tras ganar a primeira edición da GT Academy, unha competición do videoxogo “Gran Turismo” da PlayStation 3. No 2011, el e a súa escudaría foron segundos na clase LMP2 nas lendarias 24 horas de Le Mans e campións da Copa Internacional Le Mans.
O venres 22 de abril comezará o primeiro dos torneos abertos ao público e totalmente gratuítos co “Clash Royale”, no teléfono móbil. O sábado e domingo celebraranse o “FIFA 22”; o “Fortnite”, “Dirt Rally 2.0” e “Smash Bros”.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
MOVILIDAD VERANO
Un coche todo el verano por 16.32 euros, entregado en tu puerta
CONATO EXTINGUIDO
Vídeo | Se desata un incendio forestal en una cantera de Untes
Lo último
SE ENCARECIÓ 77 PUNTOS
El Banco de España confirma el cierre del euríbor en el mes de julio en el 2,855%
TURISMO EXTRANJERO AL ALZA
Gráfico | España atrajo hasta junio a casi 46,6 millones de turistas