SEGURIDAD ANTE ROBOS
Cálices y cruces bajo llave: el Obispado de Ourense blinda su patrimonio
A banda ourensá Tesouro debuta hoxe na casa. O disco, “Aquí conmigo”, xa se pode escoitar en plataformas dixitais e comprarse en formato físico, nun LP editado pola disqueira bilbaina Hanky Penky Records. Os músicos, que antes pertenceron a outras agrupacións, volven ao escenario con cancións de pop que soarán a partir das oito da tarde de hoxe no Liceo. Son Daniel Alonso, Aser Álvarez, Anxo Fernández e Carlos Rego. Falamos con este último, o vocalista.
Como deciden unirse en Tesouro?
O batería e eu xa estivemos xuntos en Burgas Beat e deixamos de tocar en 2014. Había cancións que tiña novas e en 2019 planeamos volver tocar. Despois vimos que a cousa tiña boa pinta e acordamos crear Tesouro.
Cal é a esencia da banda?
As cancions pop, de 3 ou 4 minutos. Son cancións pop clásicas tocadas con guitarras e que teñen que ver con certos grupos que naceron a mediados dos 80, que recollían o legado dos 60 e tocaban doutra maneira. Queremos que se coñezan as nosas cancións, deixamos a nosa personalidade nas letras. Hai quen di que facemos pop no mellor sentido da palabra.
Ourense é parte desa esencia?
Si, o curioso é que o único que son de Ourense son eu. Pero nacemos na escena de Ourense, asi que algo quedará.
Como ven o panorama musical en Ourense? Volven a retomarse os concertos? Hai vida nas salas?
A ese nivel hai vidilla, pero a nivel de concertos vexo pouco movemento. As salas retoman pero non creo que ao ritmo de antes.
Como anima aos ourensáns a que escoiten a súa música?
Animo a que escoiten a música porque a música é gratis, porque estamos contentos con eles e cremos que lle pode gustar á xente que lle guste o noso estilo.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
SEGURIDAD ANTE ROBOS
Cálices y cruces bajo llave: el Obispado de Ourense blinda su patrimonio
PRODUCTO INTERIOR BRUTO
El PIB ourensano crece por encima de la media nacional
INFORME AUTONÓMICO
A Saínza aspira a ser de interés turístico nacional
Lo último
GUERRA EN ORIENTE
Trump da otro ultimátum
UNA GOLEADA
Revolcón del Ourense Ontime en Málaga (7-0)
ORÁCULO DAS BURGAS
Horóscopo del día: domingo, 5 de abril