Estudan previr o cancro colorrectal usando a IA en Ourense
SANIDADE
Ourense acolleu a primeira xuntanza dunha rede estatal que busca mellorar a anticipación fronte a esta enfermidade
A Escola Superior de Enxeñaría Informática do Campus de Ourense acolleu onte a primeira xuntanza de traballo da rede estatal AI4PolypNet, creada para mellorar os sistemas de detección e diagnose de cancro colorrectal mediante o emprego de intelixencia artificial.
Deste xeito, a cidade inaugurou os encontros de traballo desta unión de oito grupos de investigación procedentes de diversas comunidades autónomas: Cataluña, Estremadura, Galicia e o País Vasco. A idea é sumar esforzos: “Optimizar experiencia, recursos técnicos, humanos e de datos e avanzar cara o desenvolvemento de propostas integradoras capaces de responder aos retos desta enfermidade”, tal e como trasladan fontes universitarias. Na rede participa, por exemplo, o Grupo de Oncoloxía Dixestiva de Ourense, pertencente ao Sergas.
Dende a rede explican que este cancro é “un dos de maior incidencia mundial”. Cada ano diagnostícanse case dous millóns de casos, cunha mortalidade de 916.000 pacientes en 2020. Máis do 90% dos casos teñen cura “se a súa lesión precursora, o pólipo precanceríxeno, se detecta e extrae a tempo”, segundo engaden os investigadores.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
VARIEDAD MUY TEMPRANA
El Ribeiro inicia la vendimia más madrugadora
RIESGO DE INCENDIOS
Activada la alerta amarilla por calor en Ourense para este martes
APARCAMIENTO DE LAS TERMAS
Vídeo | Susto en Outariz al arder una autocaravana: "No contestaba nadie"
Lo último
REPARTOS "SIN DATOS CIERTOS"
Galicia "cumplirá la ley" en el reparto de menores migrantes, pero demanda planificación y financiación