GUERRA POLÍTICA LOCAL
Taboadela y Barbadás chocan tras un obradoiro frustrado
ENTREVISTA
O presidente de Cruz Vermella en Ourense encabezaba o pasado xoves unha reunión para facer balance de como lles foi en 2023, un ano que volve estar marcado polos 18.090 usuarios que acuden á súa porta, cifra que se mantén ano tras ano.
Que balance fai de 2023 e como discurre 2024?
A reunión do comité permitiu ver como estamos. Pasamos da crise da covid á guerra de Ucraína e agora á crise económica. Parece que non logramos saír. Se temos a quen nos axude, nós axudamos, pero á xente cada vez lle custa máis.
Cantos programas ten activos agora mesmo Cruz Vermella?
Dende a infancia, temos un programa escolar que abrangue toda a provincia. Damos axuda a nenos e xóvenes, e logo tamén temos programas de teleasistencia, os nosos, os da Xunta e os do Concello de Ourense. Logo os programas de emprego, porque a mellor axuda que podemos darlle a algúns é que teñan un traballo que lles permita saír adiante.
Como se financia a institución?
Temos axudas do Fondo Social Europeo, e logo os aportes estatais a través do IRPF. Logo veñen os apoios da Xunta e dos concellos, pero a maior aportación procede dos nosos socios. Temos nestes momentos uns 10.000 socios. Tamén facemos recadación a través do sorteo do ouro, que chega agora o 23 de xullo.
Nestes últimos anos tivestes un aumento de socios?
Dende hai cinco ou seis anos comezaron a crecer e seguímolos mantendo. Cando cheguei á organización, había uns 6.000 e agora estamos en 10.000 socios. Aínda que a crise económica afecta a isto. Ademais, hai persoas maiores que por lei de vida xa non poden colaborar. Á xente máis nova cústalle máis participar.
Cal é o colectivo que require máis atención?
As persoas maiores precisan moito a nosa axuda, especialmente no rural. É un colectivo moi sensible ao que dedicamos todo tipo de atención, tanto presencial como por teléfono.
Atendestes a máis de 2.600 nenos e nenas en 2023, como traballades con eles?
Necesitan tamén moita axuda. Temos un programa de éxito escolar no que lles damos clase entre 3 ou 4 días á semana porque non teñen recursos para poder ir a unha academia para recibir clases de matemáticas, lingua, inglés… como fan outros que si teñen posiblidades. É un dos colectivos cos que é máis satisfactorio traballar.
Cal é a vosa prioridade a hora de atender á xente?
A insercción social, conseguir reinsertar ás persoas e que consigan un traballo, en calquera dos sectores. Para elo formámolas e fan despois unhas prácticas en empresas nas que moitos acaban tendo a opción de quedar a traballar. Imos empezar agora un novo taller de emprego para seguir promovendo a inserción e temos tamén outro de dixitalización dirixido aos nenos e ás nenas.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
GUERRA POLÍTICA LOCAL
Taboadela y Barbadás chocan tras un obradoiro frustrado
ROBOS DE COBRE
A la caza del “oro rojo” en Ourense
PUNTOS CRUCIALES
Imágenes aéreas | Un recorrido aún sobre plano
Lo último