CONFLICTO MUNICIPAL
Valcárcel exhibe los recibos que “muestran la negligencia” de Vila
O director do comité provincial da Cruz Vermella en Ourense, Felipe Ferreiro, leva no cargo oito anos. Renovou o seu posto recentemente e, na última reunión, os directivos e coordinadores de toda a provincia aprobaron o balance económico do ano pasado. Sobre o período actual, asegura que a demanda de servizos da ONG aumentan debido a crise dos prezos. Xurdiron novas axudas para cubrir as facturas da luz e os alugueiros na cidade, tamén para os refuxiados da guerra de Ucraína.
Creceron as necesidades sociais en 2023?
Si, nos últimos meses e no último ano, notamos un lixeiro incremento sobre todo pola crise dos prezos. Encareceuse moitísimo todo. Temos refuxiados de varios países, a cesta da compra xa sabemos como está... Hai que axudar e tivemos un incremento, lixeiro, pero aumentou a demanda.
Cal é a situación da cidade?
Observamos que hai maior necesidade na provincia en xeral, pero é maior na cidade. Encontramos que hai xente con traballo, pero é precario e dificilmente poden cubrir pagar alugueiros, consumos e a alimentación, sobre todo cando hai nenos. Xa non é unicamente a xente no paro, incluso ós que gañan algo élles bastante complicado chegar a fin de mes.
¿Cales son os servizos que máis prestades?
Damos axudas de todo tipo, pagamos alugueiros, recibos de luz, educación para os nenos, atención a persoas maiores… Ata facemos rehabilitacións de vivendas, de illamento ou acondicionamento da parte eléctrica. Ás familias que están en situación moi delicada lles substituímos as neveiras ou a calefacción, a ventilación… Son moitos aspectos os que cubrimos.
Que prezo tiñan os alugueiros que cubristes?
Puntualmente, pagamos algún de 400 ou 500 euros, depende de cada familia e as situacións. Neste inverno houbo que axudar coa enerxía, pagamos facturas, pero tamén leña para xente que non tiña posibilidades para prender a lareira.
Os estranxeiros acoden ós programas de formación?
Si, atendemos a xente de Venezuela, Perú ou Colombia nos programas de emprego, pero tamén a refuxiados da guerra de Ucraína. É unha situación moi particular.
En que sentido é particular a situación derivada da guerra ucraína?
Desgraciadamente pensabamos que o conflito ía durar menos e estamos xestionando fogares, axudando a nais e fillos e formando a mozos e mozas en idade de traballar para que poidan ter un emprego en condicións.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
CONFLICTO MUNICIPAL
Valcárcel exhibe los recibos que “muestran la negligencia” de Vila
ACUERDO TRAS 22 DÍAS
La huelga de Atención Primaria deja en Ourense 2.850 consultas retrasadas
CONSTRUCCIÓN Y REFORMAS
Apertura de un nuevo Obramat y Burger King en Ourense: fechas, ubicación y detalles
RÉCORD HISTÓRICO DE VOLUNTADES
Los testamentos vitales se duplican en Ourense durante el último año hasta superar los 500
Lo último
BODEGA HISTÓRICA EN AUGE
Aceites Abril compra en Cenlle una bodega de la DO Ribeiro
SEGUIR LA RACHA
El Barco no quiere detenerse en su visita a Vilalba
TRES CANDIDATOS
La precampaña de la UVigo, a base de redes y webs
Gonzalo Iglesias Sueiro
Descanso eterno