EL MACHISMO NO CESA
La violencia de género no da tregua: 2,4 denuncias al día en Ourense
O xerente da área sanitaria de Ourense, Verín e Valdeorras, Félix Rubial, apunta ás consecuencias da pandemia e as dificultades de atopar especialistas como as principais causas do aumento das listas de espera nas consultas externas. Recoñece o empeoramento das cifras, pero asegura que neste 2023 os servizos están traballando na recuperación dos tempos.
Comecemos polo positivo: reduciuse a espera cirúrxica.
Así é, con respecto aos últimos cortes baixamos en dez días, estamos por debaixo da media de Galicia, e tamén debaixo da de España. É certo que hai diferenzas por especialidades, pero en conxunto son resultados moi positivos que amosan a recuperación tras a pandemia. No caso de Valdeorras, o esforzo de enviar efectivos doutras áreas logrou que se reducisen as esperas ata os 32 días de media, a cuarta parte do que esperan de media os españois (122 días).
Nos momentos máis duros da pandemia, as intervencións non urxentes tiveron que pospoñerse.
Si, aínda que todo o preferente se mantivo. De feito, en canto as operacións de prioridade 1, temos as mellores cifras de toda Galicia. É dicir, aquelas intervencións de maior prioridade sempre se priorizaron.
Por outra banda, as esperas nas consultas externas multiplicáronse.
É a outra cara da moeda, estamos 30 días por riba da media de Galicia, e tamén estamos por encima das cifras de España. Está claro que temos que facer moitos esforzos.
Nos servizos de Traumatoloxía e Rehabilitación as listas creceron moito.
Na área musculoesquelética é onde máis dificultades estamos tendo, é onde se concentra a maioría de pacientes en espera. Ten lóxica, porque a nosa é unha poboación envellecida, pero ademais os servizos estiveron afectados pola falta de especialistas. Houbo que desprazar efectivos a Valdeorras para solventar a situación do servizo, o que a súa vez aumentou a espera no CHUO.
O novo xefe de Neumoloxía, Abel Pallarés, recoñeceu que un dos seus obxectivos é chegar a todos os pacientes.
Efectivamente. En Neumoloxía había demoras moi elevadas, por riba dos 100 días, a finais do ano pasado, pero xa se conseguiron reducir. Estase traballando moito nese sentido, tanto nese servizo coma no resto do hospital.
A situación de Valdeorras, pola súa parte, é positiva.
É o hospital galego con menos espera nas consultas externas, teñen unha espera de 31 días, un tercio que os ourensáns. Hai moitas diferenzas na área, depende da situación dos especialistas, houbo baixas derivadas da covid, dificultades de atopar profesionais…
A falta de persoal, pódese solventar?
Recentemente foi a toma de posesión da Oferta Pública de Emprego (OPE), e hai convocada outra OPE que sumará 40 plazas nos comarcais. En maio rematan os Médicos Interno Residentes (MIR), o que tamén pode axudar a cubrir vacantes.
É un ano clave.
A situación está diagnosticada, e estamos traballando en consecuencia. Este é un corte puntual, pero nós traballamos día a día para reducir as esperas. Neste ano xa non temos o peso da covid e iso é moi importante.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
EL MACHISMO NO CESA
La violencia de género no da tregua: 2,4 denuncias al día en Ourense
Los ingenieros agrícolas de Ourense renuevan su cúpula
Pepe Paz, presidente do Colexio de Enxeñeiros Agrícolas: “Temos que facer un novo rural con mais industrias agroalimentarias”
UNO MENOS QUE EN 2022
Ourense se acerca a su récord de colisiones provocadas por animales
CULTURA EN EL RURAL
La Red Provincial de Auditorios de Ourense alcanza los 7.500 espectadores
Lo último
Francisco Lorenzo Amil
TRIBUNA
Lotería y Navidad... como antaño
LOTERÍA DE NAVIDAD
El Gordo permite acceder al 75% de las viviendas en venta de Ourense
ACOSO LABORAL
El PP reitera que sigue en la oposición en Barbadás
Iván González Decabo
DIARIO LEGAL
El Supremo pone en la diana al préstamo familiar