EL MACHISMO NO CESA
La violencia de género no da tregua: 2,4 denuncias al día en Ourense
Sanidad
A segunda vaga do virus comeza a dar unha tregua na provincia: despois de dous meses, a curva parece caer de forma continuada. Félix Rubial, xerente da área sanitaria, recoñece o "bo resultado" das medidas restrictivas, pero non baixa a guarda. "Hai que seguir extremando as medidas de control, este é un traballo de día a día", asegura.
A evolución é favorable, por fin.
É favorable, pero lenta, máis lenta do que nos gustaría a todos. Vemos a boa evolución da cidade, Verín ou Carballiño, e esperamos que sexa semellante en Xinzo e Ribadavia. Non hai un comportamento idéntico en ningunha comarca, porque a tipoloxía dos gromos é diferente, pero o certo é que as medidas están dando resultados.
A situación da comunidade, no conxunto de España, é boa.
Eu creo que en Galicia se tomaron decisións anticipadas, moi duras en moitos casos, pero anticipadas. Non se agardou a chegar a uns límites de incidencia acumulada que xerasen nin máis sufrimiento nin máis presión nin máis números de casos. Pero isto non é fachenda: non podemos sacar peito desta situación, con máis de douscentos mortos na provincia e máis de mil.
Sanidade sinalou con preocupación a situación da Rúa.
A da Rúa é unha situación moi curiosa porque está facendo un crecemento moi lentamente pero progresivo e estamos vixiando moi de cerca a evolución. Lémbrame ao que pasou en Verín, salvando as distancias: hai un goteo permanente de casos sin acabar de resolverse que van aumentando. No caso da Rúa, as relación laborais, familiares, sociais, están moi concentradas na comarca de Valdeorras. De feito, a súa situación pode estar relacionada cun pequeño incremento que estamos a detectar tamén no Barco.
No hospital, pouco e pouco mellora a situación.
É certo que a cifra de hospitalizados decrece, pero aínda estamos moi impactados polo efecto das dúas últimas residencias de maiores con afectación (Barbadás e Ribadavia). Iso tamén xustifica que teñamos unha cifra de hospitalización menos baixa do que correspondería nestes momentos. É moi probable que nos próximos días se poidan dar altas, e a cifra baixe, pero pola tipoloxía de pacientes, que de partida están moi xustiños, teñen unha estadía moi longa no hospital.
Seguen a adiarse as cirurxías “demorables"?
Demorables e que requiran cama, sobre todo cama de críticos. É un dato importante porque logo, cando fagamos a análise das cifras, a caída de cirurxías vai ser pequena. Estamos cambiando cirurxías complexas que precisan cama por cirurxías menos complexas que non precisan cama. En número neto, a reducción na actividade vai ser menor que a que se podería esperar.
Nas consultas hospitalarias tamén se está optando pola consulta telemática, de igual forma que en Atención Primaria?
Na hospitalaria é moito menos frecuente, empezouse a utilizar dende marzo. É unha ferramenta moito máis consolidada en Primaria, onde o 15% das consultas xa eran telefónicas antes: tanto os profesionais como a poboación xa estaban moi acostumados. Pero na consulta hospitalaria, polo de agora, estase a dar na comunicación de resultados en pacientes moi coñecidos, é moi necesario e recomendable, pero a maior parte da atención é presencial.
Chegou a gripe?
Non, de momento non hai ningunha constancia de que esté o virus circulando. Temos un chivato perfecto, que é o virus respiratorio sincital, que afecta fundamentalmente a nenos e que suele ser o que fai encenderse as alertas de que a gripe está por chegar. De momento non temos nin constancia del.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
EL MACHISMO NO CESA
La violencia de género no da tregua: 2,4 denuncias al día en Ourense
Los ingenieros agrícolas de Ourense renuevan su cúpula
Pepe Paz, presidente do Colexio de Enxeñeiros Agrícolas: “Temos que facer un novo rural con mais industrias agroalimentarias”
UNO MENOS QUE EN 2022
Ourense se acerca a su récord de colisiones provocadas por animales
CULTURA EN EL RURAL
La Red Provincial de Auditorios de Ourense alcanza los 7.500 espectadores
Lo último
Francisco Lorenzo Amil
TRIBUNA
Lotería y Navidad... como antaño
LOTERÍA DE NAVIDAD
El Gordo permite acceder al 75% de las viviendas en venta de Ourense
ACOSO LABORAL
El PP reitera que sigue en la oposición en Barbadás