PERSONAJES DE LA EMIGRACIÓN ESPAÑOLA EN FRANCIA
Antonio Rodríguez Castiñeira: “Soy español, soy gallego y soy emigrante”
ARTE ET ALIA
Abríanse as portas desta exposición arredor das datas do Nadal. Había na sala un ambiente de vernissage arredor de Luís Estévez Estévez e José Manuel Lazcano Nóvoa, os artistas, que departían cos seus amigos, e visitantes, atendidos polas galeristas. As conversas arredor das esculturas de Luís e as pinturas de Pirucho Lazcano ían e viñan, como o viño e os petiscos, e os pasos se achegaban e as voces subían ao tempo que as miradas se pousaban nas obras, nuns e outros... Nesa altura da tarde arrancaba outra exposición, oficial, solemne e compacta, con autoridades civís, protocolo de discursos e dispersión cara as rúas. Son os camiños das ilusións, cos contrastes á vista. A arte de inaugurar, a arte das inauguracións.
Lazcano pinta as ‘sobriñas’ dos artistas que ama, a de Goya, as de Matisse posando espidas, e tamén outras, alquimista, retadora, con sombreiro ou co neno, máis recatadas, e tamén a ‘sobriña en flor’ e a ‘Portugheisa’... Destilan elas, acrílico e pigmentos sobre táboa e paspartú, a ironía e facundia do joie de vivre. Esta ledicia vese doutro xeito en ‘Mujer en rojo’, acrílico con pigmentos y ceniza (sic), obra de fai anos enigmática e faladora a un tempo. Mais as contrastadas cores do seu matizado Expresionismo afástanse do Informalismo, polo que transitou dende a sombra de Leopoldo Nóvoa. Puidemos velas fai uns anos na CEO-Ourense e no Municipal, as súas máis amplas mostras, mais adoita expoñer dende fai lustros con Estévez. Así na Fundación Galicia-Europa, en Bruselas, en 2009 ou na Casa de Galicia en Madrid, con catálogo prologado por José Platero. E Coimbra, ou Ponte de Lima, onde se teñen encamiñado ademais de Visol.
Luís é de Pereiras, Entrimo, singular terra fronteiriza con Portugal, un espazo que é un mundo, con emocións e impresións dunha idiosincrasia propia, carácter que a raia aporta. Na galería de arte amosa Estévez obras recentes, bustos e esculturas de fino porte e angulosos rasgos, figuras femininas todas que se apoderan do espazo da sala dende o centro e colonizan os seus recunchos. En pedestais sen función xerárquica, coloca as pezas de madeira, castiñeiro e nogueira, de afiados rostros, que gañan masa e corporeidade respecto das anteriores obras fusiformes, como ‘Oestrimnia’ I e II, en contraste cas de agora, mulleres novas de bustos rotundos. Todas femias e mozas, unha delas a ’muller anversa’, outra ‘Oriunda de Orion sen tetas’, e hai unha ‘Ilustrisima señora’. Mais o peso é o da terra, como se deixa ver nas dúas Festa en Lindoso, Natural de Castro Laboreiro e nomeadamente María Concepção de Penedo e Nunes. Técnico vitivinícola dende a súa licenciatura en Bioloxía, e dende este pouso profesional de Luís aboian os ‘cadros’ en madeira de cuba. Outra novidade desta volta é a cor no cabelo, os cordóns e a peluxe que fan destacar a feminidade deste Soño vello e viño verde, como titula outra obra. Os dous conveciños de San Lorenzo de Piñor, e amigos, tráenos a súa poética plástica, que tamén une o viño, dende o rebordo do val ourensán.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
PERSONAJES DE LA EMIGRACIÓN ESPAÑOLA EN FRANCIA
Antonio Rodríguez Castiñeira: “Soy español, soy gallego y soy emigrante”
RÉCORD DE TRABAJADORES
Los extranjeros asumen dos de cada tres nuevos empleos en Ourense
Lo último
CANDIDATURA PATRIMONIO MUNDIAL
La Ribeira Sacra acelera su carrera hacia la Unesco con el agua como gran aval patrimonial
DÍA INTERNACIONAL DE LA ENFERMERÍA
Gabriela Pérez, enfermera en Ourense: “Siempre tuve clara mi vocación y me mudé a más de 2.000 kilómetros para luchar por ella"
MÁS DEPORTE
Fiesta del ajedrez más joven en el Pazo