Foliada, torneos, protesta e deporte nas Letras Galegas

Hoxe bota a andar a festa co Correlingua e o venres haberá festa por todo o alto en Barbadás

Barbadás presentou a súa “Foliada das Letras”, que será o día 17.
Barbadás presentou a súa “Foliada das Letras”, que será o día 17.

A cidade e a área metropolitana ferven xa pola celebración do Día das Letras Galegas. Quizais o evento máis especial terá lugar en Barbadás, onde o Concello organiza a terceira edición dunha “Foliada das Letras Galegas” o propio día 17 cunha decena de agrupacións musicais no Parque dos Carrís.

A xornada contará coas actuacións da Banda Cultural de Barbadás, integrada polo alumnado da Escola Municipal de Música, coa charanga feminina Bicoia e con grupos como Lambisqueiras, Zoadeira e Cuncas de Son con cantos e música tradicional.

A localización será a fermosa carballeira do parque dos Carrís e a celebración este ano estará dedicada á poeta e ensaísta Luisa Villalta. Prevese un xantar popular con 300 persoas. Tamén haberá espazo para a reivindicación. A plataforma Quere Galego, da que forman parte máis de 500 entidades, e baixo o lema “Galego vivo, Galiza viva”, invita a celebrar e reivindicar a lingua e manifestarse para o que facilitará autobuses para desprazarse.

Por outra banda, a Asociación Xuvenil Amencer preparou para estes días actividades en A Tope Na Ponte, entre elas, un torneo 3x3 de baloncesto.

Este miércoles, correlingua

Antes de todo, hoxe as rúas de Ourense acollerán o tradicional Correlingua, co lema “Dende aquí até acolá, galego xa”. Participarán un total de 1.087 alumnos de 17 centros da provincia, un máis que o curso pasado. Comezará ás 10,20 horas no Auditorio.

Contenido patrocinado

stats