ACUERDO IN EXTREMIS
La odisea de renegociar el contrato de las antenas de telefonía en Ourense
DÍA DAS LETRAS GALEGAS
A Agrupación de Libreiros de Ourense prepara unha promoción polo Día das Letras Galegas. Trala celebración en abril do Día do Libro, a asociación continúa coas súas actividades de promoción da lectura cunha nova iniciativa que se desenvolverá esta semana. Esta vez, como non podía ser doutro xeito, coa lingua como protagonista da semana.
Coa fin de fomentar a compra de libros de galego, os que sexan adquiridos entre o 13 e o 18 de maio nas librarías asociadas permitirán entrar no sorteo dunha estancia para dúas persoas no establecemento Miradores do Sil, en Cristosende, en pleno corazón da Ribeira Sacra.
A participación é “moi sinxela”, tal e como trasladan dende a Agrupación. Os clientes que queiran entrar neste reparto do azar deben deixar os seus datos de contacto no propio ticket do establecemento no que se adquira o libro. Posteriormente, o 23 de maio, a Confederación Empresarial de Ourense (CEO) acollerá o sorteo con todas as papeletas participantes.
Non será a única iniciativa posta en marcha para promover a lectura na lingua propia de Galicia. O 16 de maio, as librarías que así o desexen poderán aplicar na compra de libros no idioma galego o tradicional desconto do 10%, unha rebaixa habitual coa que os libreiros e libreiras agasallan ás súa clientela neste tipo de datas sinaladas.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
ACUERDO IN EXTREMIS
La odisea de renegociar el contrato de las antenas de telefonía en Ourense
FESTA DO PAN DE CEA
Cea presume de tradición en la gran fiesta que exalta su pan
TEMPERATURA ELEVADA
Galería | El calor domina la Festa da Empanada de forquelhas de Entrimo
PASEO LITERARIO
Piñor rescata los veranos de Carmen Martín Gaite